Zenódoto de Éfeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zenódoto de Éfeso
Nacementoc. 330 a. C.
 Éfeso
Falecementoc. 260 a. C.
EtniaGregos
Ocupaciónbibliotecario, escritor, poeta, epigrammatist, Hofmeister e editor literario
editar datos en Wikidata ]

Zenódoto ou Zanodoto de Éfeso (Ζηνόδοτος), gramático grego, crítico literario, e estudoso de Homero; primeiro bibliotecario da Biblioteca de Alexandría; alumno de Filetas de Cos; natural de Éfeso. Viviu durante os reinados dos primeiros dous tolomeos, e alcanzou a cima da súa reputación cara a 280 a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro director da Biblioteca de Alexandría e o primeiro editor crítico (διορθώτης diorthōtes) de Homero. Os seus compañeiros de tarefa foron Alexandre de Etolia e Licofrón de Calcis, a quen estaban encomendados os escritores tráxicos e cómicos, respectivamente, quedando para o propio Zenódoto Homero e os poetas épicos.

Aínda que se lle reprochou a súa arbitrariedade e un coñecemento insuficiente do idioma grego, o seu traballo constituíu unha sólida base para a crítica futura. Tras cotexar os diferentes manuscritos da biblioteca, refugou ou marcou os versos dubidosos, traspuso ou alterou liñas e introduciu novas lecturas. É probábel que fose responsábel da división dos poemas homéricos en vinte e catro libros cada un (utilizando maiúsculas para a Ilíada e minúsculas para a Odisea), e posibelmente fose o autor do cálculo dos días da Ilíada na Tabula Iliaca.

Non parece que escriba ningún comentario sobre Homero, pero as súas γλῶσσαι (glōssai, listas de palabras inusuais) homéricas probabelmente foron a fonte de explicacións de Homero atribuídas polos gramáticos a Zenodoto. Tamén deu leccións sobre Hesíodo, Anacreonte e Píndaro, se é que non publicou edicións deles. Foi chamado poeta épico pola Suda, e #atribúenlle tres epigramas da Antoloxía Palatina.

Parece tamén que existiron outros dous gramáticos do mesmo nome:

  1. Zenódoto de Alexandría, alcumado ὁ ἐν ἄστει (ho en astei—"o da cidade", i.e. Alexandría)
  2. Zenodoto de Mallo, discípulo de Crates, quen como o seu mestre atacou a Aristarco de Samotracia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • R. Pfeiffer (1968), History of Classical Scholarship (Oxford), pp. 105–22
  • L.D. Reynolds and N.G. Wilson (1991), Scribes and Scholars (3rd edition, Oxford), pp. 8–12