Rexións de Letonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa representando as rexións estatísticas e os seus municipios.

O sistema administrativo territorial letón é centralista pero en base a lei de estatísticas CSB aprobada na Saeima o 6 de novembro de 1997 o sistema nacional de estatística é descentralizado. En base ao cal se definiron as rexións en Letonia, tamén chamadas rexións estatísticas de Letonia (en letón: Latvijas statistiskie reģioni): Curlandia, Latgale, Pierīga, Riga, Vidzeme e Zemgale.[1]

Estas rexións foron establecidas de acordo coa Regulation (EC) No 1059/2003 do Parlamento Europeo o 26 de maio de 2003. Estas rexións estatísticas de Letonia non son rexións administrativas, foron exclusivamente creadas con fins estatísticos de colección de poboación e datos para o Ministerio de Traballo, Interior, Cultura e Saúde e Tecnoloxías Médicas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación estimada das rexións a data de 30 de novembro de 2023:

Letonia 1 893 223 habitantes[2]

Notas[editar | editar a fonte]