Tērvete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTērvete
Imaxe

Localización
Mapa
 56°28′44″N 23°23′28″L / 56.479, 23.391Coordenadas: 56°28′44″N 23°23′28″L / 56.479, 23.391
EstadoLetonia
Municipality of Latvia (en) TraducirMunicipio de Dobele
Parish of Latvia (en) TraducirTērvete Parish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación331 (2021) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porTērvete River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude46 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3730 Editar o valor em Wikidata
Latvian toponymic names database ID (en) Traducir3493 Editar o valor em Wikidata

Tērvete é unha vila letoa que contou co seu propio Municipio de Tērvete, ata a reforma territorial da Saeima en 2021, momento no que pasou a formar parte do Municipio de Dobele, dentro da rexión histórica de Semigalia. Coñecida polas fortificacións construídas para o rei de Zemgale na Idade Media. O turismo na vila esténdese ao palacio de Rundale deseñado por Bartolomeo Rastrelli, o pazo Elgavsky —tamén traballo de Rastrelli e o Parque Nacional de Tērvete— tamén coñecido como “Mammadaba”. [1]

Parque Nacional de Tērvete[editar | editar a fonte]

Mundo dos cogomelos, Parque Nacional de Tērvete, Outubro 2017.

O parque nacional é unha atracción turística en toda Letonia. Situado no val do río Tervete está poboado por piñeiros de 300 anos de idade. O parque cobre un territorio de 1 200 hectáreas, un terzo do cal está ocupado polas esculturas da mitoloxía letoa, fadas, o rei do bosque, ananos ou demos. Os máis de 100 personaxes do parque están baseados na obra da escritora nacional ,nada en 1861, Anna Brigadere. As obras escultóricas foron levadas a cabo por autores da escola vocacional de Riga. O Parque Nacional de Tērvete abriu ao público en 1969. Nese mesmo ano, as primeiras esculturas de madeira ″Annele e os seus amigos, recollendo bagas″ foron rematadas polo autor Krišjanis. [2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]