Zbigniew Cybulski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zbigniew Cybulski
Popiersie Zbigniew Cybulski ssj 20110627.jpg
Zbigniew Cybulski
Nacemento3 de novembro de 1927
 Kniaże
Falecemento8 de xaneiro de 1967 (39 anos)
 Wrocław
Causarailway accident
SoterradoKatowice
NacionalidadePolaco
Alma máterLudwik Solski Academy for the Dramatic Arts
OcupaciónActor
Coñecido/a porPopiół i diament
editar datos en Wikidata ]

Zbigniew Hubert Cybulski, nado en Kniaże o 3 de novembro de 1927 e finado en Wrocław o 8 de xaneiro de 1967, foi un actor polaco, unha das personalidades máis coñecidas e populares da historia da Polonia de despois da Segunda Guerra Mundial.

Vida[editar | editar a fonte]

Zbigniew Cybulski naceu o 3 de novembro de 1927 nunha pequena aldea de Kniaże preto de Śniatyń, Polonia (agora parte do raion de Sniatyn, no Óblast de Ivano-Frankivsk, Ucraína). Despois da Segunda Guerra Mundial uniuse á Academia de Arte Dramático de Cracovia. Graduouse en 1953 e trasladouse a Gdańsk, onde fixo o seu debut no Teatro Wybrzeźe de Leon Schiller. Tamén, co seu amigo Bogumił Kobiela, Cybulski fundou un teatro famoso teatro de estudantes, o Bim-Bom. A principios dos anos 60,  Cybulski mudouse a Varsovia, onde rapidamente se uniu ao Kabaret Wagabunda. Tamén apareceu no escenario do Teatro Ateneum, un dos teatros máis modernos e menos conservadores da Varsovia daquela época.

Con todo, Cybulski é máis recordado como actor de cine. A súa primeira aparición foi como extra no filme de 1954 Kariera. O seu primeiro papel importante foi en 1958, cando participou  no filme de Kazimierz Kutz, Krzyż Walecznych (A cruz dos valentes). Ese mesmo ano tamén apareceu como un dos protagonistas en Popiół i diament (Cinsas e diamantes) de Andrzej Wajda e en Ósmy dzień tygodnia de Aleksander Ford, baseada nunha historia curta de Marek Hłasko. Desde entón Cybulski foi visto como un dos actores máis notábeis da Escola de Cine polaca e un dos "novos e furiosos", como foron chamados os actores da súa xeración.

Entre os seus filmes máis famosos, á parte de Popiół i diament, inclúese Rękopis znaleziony w Saragossie de Wojciech Has. Tamén actuou en numerosas obras televisivas, incluíndo algunhas baseadas en traballos de Truman Capote, Anton Chekhov e Jerzy Andrzejewski.

Cybulski morreu nun accidente na estación ferroviaria Wrocław Główny, en Wrocław o 8 de xaneiro de 1967, de camiño a unha rodaxe. Cando intentaba saltar sobre un tren en marcha (como facía a miúdo ), escorregou e caeu baixo o tren, que lle pasou por riba.[1] Foi enterrado en Katowice.

Legado[editar | editar a fonte]

Cybulski continúa sendo unha lenda do cine polaco. O seu estilo de interpretación foi revolucionario no seu tempo, así como a súa imaxe (roupa de coiro e grande lentes de sol).[2] Era a miúdo chamado "o James Dean polaco". Como Dean, interpretou a rebeldes inconformistas, e como el, morreu novo.

A banda polaca 2 Plus 1 gravou un álbum tributo a Cybulski titulado Aktor en 1977.

En 1996 os lectores da revista polaca Film elixiron a Cybulski como mellor actor polaco da historia.

Dende 1969 entrégase o Premio Zbigniew Cybulski que distingue aos mellores actores novos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Cybulsky, o James Dean polaco". La Polonia de los polacos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  2. "Recordando ao actor Cybulski". www.thenews.pl (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.