Estación de ferrocarril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación ferroviaria")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Estación de Frankfurt.

Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.

Adoitan comporse de plataformas xunto ás vías e un edificio de viaxeiros con servizos como venda de billetes e sala de espera.

Denominacións regulamentarias[editar | editar a fonte]

Unha estación é segundo o Regulamento de Circulación Ferroviaria vixente na rede ferroviaria galega (pertencente na súa totalidade á Rede Ferroviaria de Interese Xeral[1] do Estado español):

"Unha infraestrutura ferroviaria consistente nunha instalación de vías e os seus aparatos asociados, protexida con sinais, e na que se desenvolven procesos de circulación.

A efectos deste Regulamento consideraranse estacións os Postos de Bloqueo, Postos de Banalización, Postos de Cantonamento, Postos de Adiantamento e Estacionamento de Trens e as Bifurcacións. Tamén os Cambiadores de Largo e as Bases de Mantement, cando non estean integrados dentro de outra estación."[2]

Tipos, clases ou subdivisións[editar | editar a fonte]

Estación telemandada: nas que o seu control e accionamento das súas instalacións se realiza a distancia.

Estacións colaterais: estacións contiguas que nun momento concreto, interveñen no bloqueo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BOE.es - Documento consolidado BOE-A-2015-4382". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 
  2. "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]