Zadagós, Piñeira de Arcos, Sandiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°08′17″N 7°43′29″O / 42.1379945, -7.7245868

Zadagós
MILIARIO DE ZADAGÓS.jpg
Miliario de Zadagós.
ParroquiaPiñeira de Arcos
ConcelloSandiás
Poboación52 hab. (2017)

Zadagós é un lugar da parroquia de Piñeira de Arcos pertencente ó concello de Sandiás. Segundo o IGE en 2010 tiña 63 habitantes (33 homes e 30 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nel atópase a Casa do Fidalgo, do século XVIII, casa grande con capela hoxe restaurada e rehabilitada como casa de turismo rural.

Neste lugar atópase un miliario (Milla LXXI) da Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeira de Arcos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piñeira de Arcos no concello de Sandiás (Ourense)

Arcos | A Chousela | A Corga | A Fontela | A Ladeira | A Lavandeira | Piñeira de Arcos | Zadagós

Parroquias de Sandiás[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás

Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo)