Z-80

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zilog Z-80

O Z-80 é un microprocesador con arquitectura lóxica de 8 bits, cuxo proxecto foi finalizado o 1976 e neste mesmo ano foi producido pola compañía Zilog. Foi un produto moi ben acepto polo público cando do inicio da computación persoal, período no que serviu na función da UCP dalgunhas familias de ordenadores, como TRS-80 e Sinclair, aínda que o obxectivo principal do proxecto non fose ese tipo de aplicación.[1]

As primeiras unidades foron fabricadas con tecnoloxía NMOS, por canto o proxecto tórnase máis sinxelo; despois foron feitas versións con tecnoloxía CMOS. Unha peculiaridade do microprocesador é que posúe un conxunto de instrucións compatibles en modo binario co Intel 8080, o que posibilitaba que programas en código máquina fosen executados case que nativamente, como o sistema operativo CP/M.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A história do processador" (en portugués). Consultado o 25 de febreiro de 2016. 
  2. "Zilog Z80" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2016. 
  3. "Zilog Z80 microprocessor family" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.