Ypati
Υπάτη (el) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) ![]() | ||||
Periferias | Grecia Central | ||||
Prefecturas | Ftiótida (pt) ![]() | ||||
Concello | Lamia Municipality (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | Ducado de Neopatria (1319–1393) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 391 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 400 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 350 16 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 2231 ![]() | ||||
Ypati (en grego Υπάτη) é unha vila da antiga rexión da Tesalia, que foi unha comuna (municipio) de Grecia.
Está situada na periferia da Grecia Central, na unidade periférica de Ftiótide (en grego antigo Φθιώτις, Phthiōtis; en grego moderno Φθιώτιδα, Fthiótida), cuxa capital é Lamía, en cuxo concello está a ex-comuna.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila esténdese sobre unha superficie de 263 km² e, no ano 2001 contaba con 6 855 habitantes,[1] o que facía unha densidade de poboación de 26,06 hab./km².
A comuna foi suprimida de acordo coa reforma administrativa, coñecida como Programa Kallikratis, que entrou en vigor en xaneiro de 2011,[2] e agora está comprendida na comuna de Lamía.
Ypati está a uns 30 km ao oeste de Termópilas e ao norte do monte Eta e do río Xerias, e a 25 km ao oeste de Lamía ao sur da estrada GR-38 (Lamia-Karpenissi-Agrinio).
A súa distancia a Atenas, situada ao NNO, é de ao redor de 230 km.
Paisaxe
[editar | editar a fonte]A súa paisaxe inclúe bosques, e praderías ao sur, nas zonas máis altas. A uns poucos quilómetros está rodeada de montañas.
Historia
[editar | editar a fonte]Ypatri correspóndese coa antiga cidade tesala de Ipata, famosa por ser lugar de acontecementos históricos. Na literatura latina, aparece como o lugar onde comeza a trama da novela O asno de ouro, ou A metamorfose, de Apuleio (século II), considerada a única novela latina que se conserva na súa totalidade [3] A cidade, transfigurada literariamente na novela, aparece impregnada dunha atmosfera máxica, na que é significativo o incidente do sinistro poder das bruxas tesalas.
Na Idade Media a cidade era coñecida como Neopatria (Νέαι Πάτραι, Néai Pátrai) e, desde 1319 a 1458, foi a capital do Ducado de Neopatria, en territorios conquistados polos almogávares, no curso da Cuarta Cruzada, que foi feudatario da Coroa de Aragón, até a súa conquista polo Imperio Otomán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Censo de 2001". Consultado o 10-11-2017.
- ↑ "ProgramaKallikratis" (PDF). Consultado o 10-11-2017 maggio 2011.
- ↑ Julia Haig Gaisser (2008) The Fortunes of Apuleius and The Golden Ass. A Study in Transmission and Reception. Princeton University Press, páx. XI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Karagiorgou, Olga (2001): Urbanism and Economy in Late Antique Thessaly (3rd – 7th c. A.D.): The Archaeological Evidence. (Vol. 1: Text; Vol. 2: Appendicesand Tables; Vol. 3: Illustrations). Tese de doutoramento, Oxford, UK: Oxford University Press.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turimo en Neopatria (páxina oficial) (en inglés), (en grego).
- Titular Metropolitan See of Novæ Patræ (Titulares da Sede Metrpolitna Católica de Neopartia) (en inglés).