Yellowknife, Canadá
Yellowknife (en) Sǫǫ̀mbak'è (mis) | ||||
Lema | «Multim in Parvo» | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | T'satsąot'ınę (en) | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Canadá | |||
Territorio | Territorios do Noroeste | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 20.340 (2021) (149,32 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 136,22 km² | |||
Bañado por | Gran Lago do Escravo | |||
Altitude | 190 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Organización política | ||||
Órgano lexislativo | Yellowknife City Council (en) , | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | X1A | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 867 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | yellowknife.ca |
Yellowknife (62°27'N 114°21'O) é a capital dos Territorios do Noroeste no Canadá. É a única cidade no territorio con máis de 5.000 habitantes, cunha poboación de 15.748 habitantes (2006), 19.234 habitantes (2011).[1]. Atópase na beira norte do Gran Lago do Escravo, aproximadamente a 400 km do Círculo Polar Ártico, na marxe oeste da Yellowknife Bay, próxima á foz do río Yellowknife. Yellowknife e os corpos de auga do lugar foron denominados así polos indios Dene coñecidos como os 'Copper Indians' ('indios do cobre') ou 'Yellowknife Indians' ('indios de coitelo amarelo') que comerciaban con materiais feitos do cobre extraído dos depósitos da costa Ártica.
A súa poboación actual é mestiza. Das once linguas oficiais dos Territorios do Noroeste, cinco son faladas de xeito significativo en Yelloknife. Alén do inglés e do francés, fálanse o chipewyan, o dogrib e o slave. En chipewyan, a cidade chámase Somba K’e (Som-ba Kay) ("onde está o carto").[2]
O pobo de Yellowknife considérase que se fundou en 1934,[3] tras a descuberta de ouro na zona, aínda que a actividade comercial na zona costeira que hai hoxe en día empezou en 1936. Yellowknife converteuse rapidamente nun centro económico dos Territorios, nomeándose capital dos Territorios do Noroeste en 1967. Cando a produción mineira do ouro empezou a minguar, Yellowknife pasou de ser un pobo mineiro a un centro gobernamental de servizos nos anos 1980. Mais, ao descubrimento de diamantes ao norte de Yellowknife en 1991,[4] este cambio empezou a cambiar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Censo de Canadá de 2011
- ↑ "Yellowknife Visitors Guide" (PDF). Yellowknifer. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2009-03-25. Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "About Yellowknife". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2015. Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ "About yellowknife". "City of Yellowknife". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-08-25. Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yellowknife, Canadá |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |