Xoán de Ávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDoutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
Xoán de Ávila

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John of Ávila Editar o valor em Wikidata
6 de xaneiro de 1499 Editar o valor em Wikidata
Almodóvar del Campo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1569 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Montilla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasilica of St. John of Avila (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Alcalá
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote , sacerdote católico , Doutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa10 de maio Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 126524586 Editar o valor em Wikidata

Xoán de Ávila, nado o 6 de xaneiro de 1499 en Almodóvar del Campo (Cidade Real) e finado o 10 de maio de 1569 en Montilla, foi un sacerdote, reformador e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Era fillo dunha familia de xudeus conversos. O seu pai Afonso e a súa nai Catarina posuían unha boa posición ao seren posuidores dunhas minas de prata en Serra Morena.

En 1513 foise estudar Dereito a Salamanca; en 1520 acode a formarse en artes e teoloxía a Alcalá de Henares onde entra en contacto co pensamento de Erasmo de Rotterdam e afonda no coñecemento da Biblia e os Pais da Igrexa.

Foi ordenado sacerdote en 1526. Lonxe de ocultar as súas orixes, dixo a súa primeira misa na súa vila natal e quixo que participaran e logo comeran á súa mesa os pobres da mesma. Tras isto repartiu os seus bens aos desfavorecidos e trasladouse a Sevilla co fin de embarcarse para ser misioneiro ao servizo do bispo de Tlascala (México). Mentres agardaba entregouse a unha vida de asistencia aos necesitados e ensinanza do catecismo. Os seus plans trocaron cando o bispo de Sevilla Alonso Manrique ordéalle predicar en Andalucía. Dedicouse a percorrer as cidades e vilas andaluzas, reconciliando inimigos, impartindo catequeses, atendendo doentes e menesterosos.

Represión pola Inquisición[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou a ser seguido polas camadas populares, boa parte do clero comezou a opoñerse ao seu labor, ata o punto de ser abofeteado por un deles na rúa, ao que el respondeu axoenllándose e poñendo a outra meixela.

Varios cregos acusárono de falar mal dos ricos, chamar mártires aos queimados coma herexes, ensinar cousas iconvenientes como que era mellor dar esmolas que fundar capelanías. Atribuíronselle erros dogmáticos en canto á Virxe María, a interpretación das Escrituras, a Eucaristía etc. Permaneceu dende 1531 ata 1533 na cadea ata que finalmente foi absolto aínda que con algunha advertencia e reconvención.

Escritos e fundacións[editar | editar a fonte]

Durante a súa prisión empeza a escribir Audi, Filia á súa amiga a moza Dona Sancha Carrillo. Xa liberado e reintegrado á súa vida pastoral dedica as súas Advertencias ao Concilio de Toledo ao bispo de Córdoba Cristóbal de Rojas. A Xoán de Ávila se lle atribúen a conversión do Xoán de Deus e de Francisco de Borxa.

Fundou colexios como, centros de formación e a Universidade de Baeza. Nos Memoriais do Concilio de Trento pide a creación de seminarios para unha rexeración da Igrexa católica. Consérvanse moitos sermóns sendo unha idea frecuente neles Cristo crucificado como expresión do amor de Deus. Tamén sobreviviu un anaco dun Tratado sobre o Sacerdocio. O seu Tratado do Amor de Deus está considerado como unha das primeiras xoias teolóxicas en lingua vulgar.

Nunca quixo hospedarse na casa dos ricos e refugou os ofrecementos de bispados e o cardenalato (ofrecido por Paulo III) e nunca aceptou un pagamento polos sermóns. Mantivo amizade con Frei Luis de Granada, que escribirá a súa primeira biografía.

A enfermidade obrigouno a retirarse a Montilla onde acabou morrendo 15 anos despois.

Significación[editar | editar a fonte]

Foi beatificado o 4 de abril de 1894 por León XIII. Pío XII declárao patrono do clero secular español e Paulo VI canonizouno en 1970. Bieito XVI iniciou o proceso de consideralo doutor da Igrexa.