Xosé Manuel Pérez Bouza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1970 (54 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | político, enfermeiro |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Xosé Manuel Pérez Bouza, nado en Caracas o 15 de abril de 1970, é un enfermeiro e político galego nacionalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no concello de Porqueira, venceu nas eleccións municipais de 2003, mais un polémico pacto entre os concelleiros do Partido Popular de Galicia e a única concelleira do Partido dos Socialistas de Galicia, Susana Vázquez Dorado, déronlle a alcaldía a esta última. Candidato nas seguintes municipais, volveu ser derrotado por Susana Vázquez, desta vez xa no PPdeG.
Dende marzo de 2008 foi senador por designación autonómica nas Cortes españolas. En 2011 presentouse ás eleccións xerais como cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense e non saíu elixido, deixando de militar nesa organización por discrepancias políticas o 10 de febreiro de 2012.[1] Posteriormente pasou a militar en Compromiso por Galicia, sendo o candidato pola provincia de Ourense nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pérez Bouza pide a baixa do BNG por discrepancias políticas" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe, 10 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Senado (en castelán)