José Mouriño Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Mouriño Estévez
Nacemento28 de decembro de 1866
 Cartelle
Falecemento29 de xullo de 1928
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

José Mouriño Estévez, nado en Sabuz (Anfeoz, Cartelle) o 28 de decembro de 1866 e finado en Bogotá o 29 de xullo de 1928, foi un frade historiador galego, tamén coñecido polo pseudónimo de Marqués de Sabuz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

La literatura medioeval en Galicia.

En 1881 ingresou no colexio dos agostiños de Valladolid, tomando o hábito en 1882. Estudou en Burgos e no Escorial, adicándose ao ensino dende 1883. Foi destinado as Filipinas en 1890 e a Colombia en 1896.

Obra[editar | editar a fonte]

Como redactor da revista agostiña España y América publicou máis de 160 artigos sobre literatura galega, segundo Couceiro Freijomil non sempre acertados.

Algúns dos seus traballos están recollidos en La literatura medioeval en Galicia, con prólogo de Bruno Ibeas, editado en Madrid pola Compañía ibero-americana de publicaciones no ano 1929.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]