Xosé Luís García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1953 (71 anos) Os Ánxeles, España |
Alcalde de Brión | |
1979 – 2020 ← Benedicta Pérez – Pablo Lago Sanmartín → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Brión |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Xosé Luís García García,[1] nado nos Ánxeles (Brión) o 26 de setembro de 1953, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes, pasou parte da súa infancia na emigración. É funcionario do Servizo Galego de Saúde en excedencia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a "Candidatura Galega Independente" á alcaldía de Brión e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas seguintes eleccións foi reelixido con amplas maiorías absolutas, manténdose na mesma candidatura ata a súa integración no PSdeG-PSOE en maio do 2006. Foi fundador e presidente da Federación Galega de Concellos Rurais, a cal se integrou na FEGAMP no 1996.
Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura socialista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu revalidala maioría absoluta. Foi elixido deputado provincial en 2007 e 2015. Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser escollido alcalde con maioría absoluta.[2] En setembro de 2020 anunciou a súa renuncia á alcaldía e o abandono da vida política por razóns familiares, e foi substituído polo seu número 2 Pablo Lago Sanmartín.
Predecesor: Benedicta Pérez |
Alcalde de Brión 1979 - 2020 |
Sucesor: Pablo Lago Sanmartín |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nome de Xosé Luís na páxina do concello". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ Concello de Brión na FEGAMP