José González Dopeso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de maio de 1916 A Coruña, España |
| Morte | 11 de decembro de 1989 A Coruña, España |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Descrito pola fonte | Quén é quén no primeiro Parlamento Galego |

José González Dopeso, nado na Coruña o 28 de maio de 1916 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1989, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid. Foi letrado da Organización Sindical (1940-1945). Foi concelleiro da Coruña entre 1952 e 1958. Foi presidente do Español de Santa Lucía, da Federación Galega de Boxeo e do Club de Tenis da Coruña, ademais de vicepresidente do Deportivo da Coruña e da Federación Galega de Tenis.[1] Tamén presidiu o Fabril na época en que este se fusionou co Club Deportivo Xuvenil e pasou a ser filial do Deportivo da Coruña.[2] Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985), por Alianza Popular. En 1982 foi nomeado conselleiro de Xustiza e Interior. Foi fundador e presidente de Amigos de La Coruña (1972) e abandonou Alianza Popular en 1987 e presentouse á alcaldía da Coruña por Unión Coruñesa.
| Predecesor: - |
Conselleiro de Xustiza e Interior 1982 - 1982 |
Sucesor: José Manuel Romay Beccaría |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José González Dopeso: Una vida dedicada a su ciudad". La Opinión A Coruña (en castelán). 22 de agosto de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Historia do Fabril". Consultado o 13 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "José González Dopeso". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 184–187. ISBN 84-7507-044-2.