Xosé Francisco Ferreiro Abelleira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1952 (72 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, nado na Coruña o 20 de marzo de 1952, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Dereito pola USC e Graduado Social. Iniciou a súa actividade política en Santiago de Compostela coincidindo coa reforma asistencial e laboral no Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, nas loitas deste centro entre 1973 e 1978. Exerceu como profesor de Formación Profesional en Prácticas Sanitarias e foi ATS no centro de saúde do Irixo. Foi tenente-alcalde do Carballiño. Foi membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Sanidade e Emigración. Foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 1997 e 2001. Foi Delegado Provincial de Vicepresidencia en Ourense.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. pp. 216–217. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- X. M. R. (29/5/2019). "«É o momento de dar o paso para favorecer o relevo»". La Voz de Galicia.