Xosé Docampo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Docampo Vázquez
José Docampo Vázquez 1935.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1935.
AlcumeCasagrande
Nacemento1889
 Guimarei, A Estrada
Falecemento5 de abril de 1986
 A Estrada, A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Docampo Vázquez, coñecido como Casagrande, nado en Guimarei (A Estrada) en 1889 e finado na Estrada o 5 de abril de 1986,[1] foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende moi novo, traballou primeiro de canteiro e despois de xastre. Foi compaxinando os seus labores cotiáns cos estudos. Deveu mestre e exerceu como tal. Foi concelleiro[2] e tenente-alcalde da Estrada. Participou na creación do Instituto de Ensino medio e despois no Colexio da Inmaculada, onde exerceu de profesor de Xeografía e Historia; seguiu cos estudos e chegou a facer os dous primeiros cursos de Filosofía e Letras. Foi Delegado Comarcal de Sindicatos.

Cronista oficial da Estrada, foi un dos fundadores do Recreo Cultural da Estrada, do que tamén foi presidente durante anos. Así mesmo foi cofundador da Masa Coral Estradense, onde cantou durante anos. En 1962 foi un dos que se desprazou a Linares (Xaén) para buscar os restos do poeta estradense Xosé Manuel Cabada Vázquez.

Colaborou nos periódicos estradenses El Estradense e El Emigrado, en La Vanguardia de Vigo e, sobre todo, en Faro de Vigo, do que foi correspondente dende 1914. Colaborou intensamente con Radio Estrada na década de 1960.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou a obra narrativa Xente que vai e vén (ed. Manuel Docampo Pego, 1983) onde se recolleron diferentes contos que fora emitindo nas ondas de Radio Estrada.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a "Medalla de Ouro" concedida polo xornal Faro de Vigo en recoñecemento polas súas colaboracións de máis de 50 anos.[cando?]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-4-1986, p. 66.
  2. El Pueblo Gallego, 5-9-1928, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]