Xosé Chorén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Taboada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Xosé Chorén Vázquez, nado en Taboada en 1967, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Funcionario de Correos, é o director da oficina principal en Lugo despois dunha longa traxectoria que o levou a Madrid, Xaén, A Coruña e finalmente a Lugo onde tamén foi director da Oficina da Milagrosa. Foi Concelleiro no Concello de Lugo polo BNG.
Trala VI Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista, celebrada en Compostela o 30 de marzo de 2008 foi elixido Secretario Nacional de Esquerda Nacionalista, relevando no cargo a Alberte Xulio Rodríguez Feixoo.
Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago, é ademais Graduado Social colexiado (vocal da xunta directiva do Colexio de Lugo) e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía. É membro da CIG e foi delegado sindical en Correos.
Foi militante do BNG dende os 18 anos e ocupou no BNG diferentes cargos orgánicos. Así, foi membro do Consello Comarcal de Lugo; da Executiva comarcal, levando a responsabilidade de acción social; e foi do Consello comarcal da Emigración, durante o tempo que traballou en Madrid e Xaén; e membro tamén do Consello Nacional do BNG.
Entrou en Esquerda Nacionalista no ano 1993, e forma parte da súa Executiva nacional desde o 2002 ocupando distintas responsabilidades chegando a ser elixido secretario nacional en 2008. Foi o coordinador provincial de Máis BNG na provincia de Lugo e formou parte da Permanente do colectivo. Deixou de militar no Bloque en 2012 ao abandonar a súa formación a fronte. Retirouse da primeira liña da actividade política aínda que colaborou con Lugonovo.
Volveu á política activa nas eleccións municipais de 2019, sendo candidato á alcaldía por Lugonovo[1]. A súa candidatura conseguiu 1582 votos (3,29%) quedando fóra da corporación[2]. Nas eleccións municipais de 2023 mostrou publicamente o seu apoio ao candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Taboada, Roi Rigueira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Xosé Chorén, ex edil do BNG, candidato de Lugonovo nas municipais".Lugo Xornal, 15 de marzo de 2019
- ↑ "Resultados electorales en Lugo". Consultado o 5/6/2023.