Xosé Antón Cascudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Antón Cascudo
Xosé Antón Cascudo (AELG)-3.jpg
Nacemento16 de marzo de 1976
 Guitiriz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía
EstudosHistoria da Arte e Comunicación Audiovisual
Na rede
AELG: 392 Dialnet: 3875020
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, nado en Guitiriz o 16 de marzo de 1976, é un escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela[2] e Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Máster en Sociedade do Coñecemento e Técnico Superior en Fotografía Artística. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Filosofía moral e Antropoloxía social da USC onde traballa sobre o cineasta Alexander Sokurov, figura sobre a cal organizou en maio do 2008 o seminario Alexander Sokurov, a voz solitaria do home, no Centro Galego de Arte Contemporánea.[3]

No eido cinematográfico realiza a obra de carácter experimental Ladaíña nº 1 (fendendo) (2008), como guionista é autor da peza A realidade máxica dirixida por María Cordero, e supervisor de Vikingland (Xurxo Chirro, 2011). Así mesmo colaborou en labores críticas coa Axencia Audiovisual Galega, coa revista Audiovisual Galego e co suplemento cultural Kalaikia. No 2014 dirixiu o documental O Instante Eterno sobre o poeta galego Xosé María Díaz Castro.

É tamén poeta, mantedor do blog Ficcionario, e autor do poemario Manual do misántropo, vencedor do 1º Premio do Certame GZ Crea e publicado por Espiral Maior no 2007.[1]

É profesor na USC, departamento de Ciencias da Comunicación.[4] Tamén é profesor no instituto IES Xelmirez I de Imaxe e Son.[5]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Cinematografía[6][editar | editar a fonte]

  • A realidade máxica (2008). Guionista
  • O instante eterno (2014). Director e guionista[7]
  • Alfa i Omega (2014). Director e guionista

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Xosé Antón Cascudo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  2. Diario, Nós (2022-12-26). "'A mística da feminidade en Mad Men', de Xosé Antón Cascudo, premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. Consultado o 2022-12-27. 
  3. Galicia, Xunta de (2022-12-26). "‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Xunta de Galicia. Consultado o 2022-12-27. 
  4. "Jose Antonio Cascudo Rodriguez Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  5. "José Antonio Cascudo: «Os recursos audiovisuais no ensino conectan moi ben co alumnado»". La Voz de Galicia. 2020-03-03. Consultado o 2022-12-27. 
  6. "Xosé Antón Cascudo". guionistas.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  7. Alisal, Casa de Galicia en Madrid-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid Casado del; España, 8 Madrid-28014Madrid. "Presentación y proyección del documental "O instante eterno", de José Antonio Cascudo Rodríguez, en la Casa de Galicia en Madrid". emigracion.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2022-12-27. 
  8. "Xosé Antón Cascudo". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-12-27. 
  9. Press, Europa (2022-12-26). "Xosé Antón Cascudo gana el Ramón Piñeiro de Ensaio con un análisis de la feminidad en 'Mad Men'". www.europapress.es. Consultado o 2022-12-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]