Xosé Aldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Aldea
Aldea Ouvirmos.jpg
Nacemento1964
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxestor cultural e editor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Aldea Moscoso, nado en Vigo en 1964,[1] é consultor cultural e editor, na actualidade director de Ouvirmos e Culturgal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Equipo do Culturgal 2014.

Traballou como mecánico de Renfe en Ourense. Estableceuse en Bade (Vilamaior, Sarria) onde montou unha gandaría ecolóxica de carne coa súa muller. Socio fundador e director da editorial e consultoría cultural Ouvirmos. É coordinador xeral e director da feira Culturgal desde 2013 e forma parte do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asociación Galega de Empresas Musicais[2].

Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de A feira das mentiras, o macroespectáculo galego de Manu Chao, realizado en Santiago de Compostela. Foi socio fundador de Lonxa Cultural, primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos (2007)[Cómpre referencia]. Coordinou por encargo da Xunta de Galicia a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016). Exerceu de director no Teatro Colón da Coruña na temporada 2017/2018. No ano 2019 realizou o deseño, conceptualización e xestión de Audacia: Festival de Artes e emprendemento[3] para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Na actualidade con Ouvirmos xestiona, ao gañar o respectivo concurso público, as actividades da Cidade da Cultura.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da crítica de Galicia, 2008 (modalidade de música). Ouvirmos Colección A Tiracolo.
  • Premio á mellor iniciativa editorial, 2009. Ouvirmos Fotobiografías Sonoras. Asociación Galega de editores
  • Premio ao mellor libro educativo, 2013. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Asociación Galega de editores.
  • Premio á obra editorial do ano 2013, 2014. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Federación de Librarías de Galicia.
  • Primeiro posto para Culturgal no ránking O mellor da cultura 2019 [4] en Galicia elaborado polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]