Xornadas de Teatro de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As Xornadas de Teatro de Pontevedra tiveron lugar en Pontevedra en 1970, co nome oficial de Jornadas de Teatro de Pontevedra.

Nun primeiro momento, os grupos que ían participar nelas eran Tespis da Coruña, Valle Inclán de Ourense, Cope de Vigo, Teatro Popular de Pontevedra, Ditea de Santiago de Compostela e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

Destes grupos dramáticos, os catro primeiros realizaban representacións en lingua española, mentres que as postas en escena dos dous últimos eran en lingua galega. Mais a falta de medios económicos, alén das dificultades administrativas, reduciron o cartel, de xeito que finalmente participaron Cope, Teatro Popular, Tespis e mais o Grupo Teatro Circo, cuxa participación non estaba prevista a priori. Este último grupo, dirixido por Manuel Lourenzo, levou á escena Romería ás Covas do Demo e Tres Irmáns Parvas, ambas as dúas da autoría do director do grupo. O Teatro Circo foi a grande sensación das Xornadas, as cales supuxeron un golpe case definitivo para o teatro de cámara e o afianzamento do teatro independente en Galicia.