Saltar ao contido

Xohán Luís Ramos Colemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXohán Luís Ramos Colemán
Biografía
Nacemento(es) Juan Luís Ramos Pérez-Colemán Editar o valor en Wikidata
século XX Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAnxelo Ramos Colemán Editar o valor en Wikidata

BUSC: ramos-xohan-luis

Juan Luís Ramos Pérez-Colemán, coñecido como Xohán Luís Ramos Colemán, nado en Ourense e finado o 4 de febreiro de 1999[1], foi un notario e político galeguista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Fillo de Juan Ramos Cerviño e María Pérez Colemán, sobriño de Jaime Pérez Colemán e irmán de Anxelo Ramos Colemán. Codirixiu con Manuel Luís Acuña a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, foi membro fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi secretario de Propaganda. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Na Guerra Civil foi tenente de infantaría. Foi notario en Ocaña (1950), Ponferrada (1963) e Xixón (1968-1976).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Laura Villanueva Guitián.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]