Jaime Pérez Colemán
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1882 valor descoñecido |
| Morte | 19 de decembro de 1964 Ourense, España |
| 11 de xullo de 1938 – outubro de 1939 ← José Zarauza Piñeiro – Alfonso Junquera Devesa → | |
| Actividade | |
| Ocupación | profesor de ensino secundario, político |
Jaime Pérez Colemán, nado en 1882 e finado en Ourense o 19 de decembro de 1964, foi un catedrático e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi catedrático de Literatura dos Institutos de Ourense e Valencia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o redactor, xunto con José Fernández Borrajo, da primeira folla de propaganda difundida polos rebeldes. Foi designado polos gobernadores civil e militar para acudir á Asemblea Anti-Comunista de Lisboa en agosto, e ingresou en Falange a mediados de decembro. Foi presidente da Deputación de Ourense do 11 de xullo de 1938 a outubro de 1939. Posteriormente foi Delegado de Educación Popular. Finou en Ourense o 19 de decembro de 1964.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2009). "A depuración das responsabilidades políticas dos galeguistas ourensáns. Unha achega". Boletín da Real Academia Galega (370): 231–251. Consultado o 5 de outubro de 2021.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José Zarauza Piñeiro |
Presidente da deputación de Ourense 1938 - 1939 |
Sucesor: Alfonso Junquera Devesa |