Saltar ao contido

Xoán Xacobe Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Xacobe Fernández
Biografía
Nacemento(es) Juan Jacobo Fernández y Fernández Editar o valor en Wikidata
25 de xullo de 1808 Editar o valor en Wikidata
Moire, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 1860 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Damasco, Siria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa10 de xullo Editar o valor en Wikidata

Xoán Xacobe Fernández Fernández, nado en Moire (Carballeda, Piñor) o 25 de xullo de 1808 e finado en Damasco o 10 de xullo de 1860,[1][2] foi un relixioso franciscano galego mártir e santo.[1] En 2024 converteuse no cuarto santo nado na provincia de Ourense.[1] É venerado na súa parroquia natal, Carballeda.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 22 anos, tomou o hábito de frade menor da orde franciscana no convento de Herbón (Padrón).[2] Tras a desamortización de Mendizábal, foi enviado como misioneiro a Siria.[2]

Igrexa de Carballeda (Piñor), en que se venera san Xoán Xacobe. Na súa fachada hai un busto deste santo.

Forma parte do grupo de frades franciscanos coñecidos como os Mártires de Damasco, composto por sete españois e un austríaco, xunto a tres maronitas segrares: Manuel Ruiz López, Carmelo Bolta Bañuls, Engelbert Kolland, Nicanor Ascanio, Pedro Soler, Nicolás María Alberca e Francisco Pinazo Peñalver. Foron asasinados o 9 de xullo de 1860 na devandita cidade. Xoán Xacobe foi precipitado desde o tellado dunha igrexa. Aínda vivo suplicoulle a Deus con fervor que aceptase o seu sacrificio, ata que cunha coitelada o remataron.[3] O seu corpo foi recuperado doce días despois por cristiáns sobreviventes.[4]

Beatificación e canonización

[editar | editar a fonte]

O papa Pío XI beatificouno, canda os seus compañeiros, o día 10 de outubro de 1926. O papa Francisco canonizouno o 20 de outubro de 2024.

A súa memoria litúrxica celébrase o 10 de xullo. É venerado na súa parroquia natal, Carballeda, onde hai catro imaxes.[2] Na catedral de Ourense, na capela do Rosario, tamén se encontra unha figura do santo, á par de Sebastián de Aparicio.[2]

Tiña un vínculo familiar con Camilo José Cela.[1] A súa familia dooulle á diocese de Ourense a casa natal de Xoán Xacobe.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 amil (2024-10-20). "O frade Juan Jacobo Fernández natural de Piñor, entre os sete franciscanos españois proclamados santos polo Papa". BadalNovas. Consultado o 2024-10-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "AGalega". AGalega. Consultado o 2024-10-23. 
  3. Región, La (2024-05-26). "El papa aprueba la canonización de un franciscano de Piñor de Cea". La Región (en castelán). Consultado o 2024-10-23. 
  4. Alejandro (2024-07-03). "20 de octubre: Canonización del Bto JUAN JACOBO". Parroquia SFA_Coruña (en castelán). Consultado o 2024-10-23.