Xoán Bascuas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (gl) Xoán Carlos Bascuas Jardón 21 de setembro de 1970 Hessen |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xoán Carlos Bascuas Jardón, nado en Rüsselsheim (Hessen, Alemaña) en 1971, é un profesor universitario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, na actualidade é profesor da Escola de Traballo Social (EUTS) da Universidade de Santiago de Compostela. Militou no BNG ata o 11 de marzo de 2012 cando a daquela corrente da fronte, Máis Galiza, se escinde e se constitúe en partido elixíndoo como Secretario Xeral. O 14 de setembro dese mesmo ano, foi elixido en Primarias Abertas candidato da cooperativa política Compromiso por Galicia para as eleccións ao Parlamento Galego. O 16 de decembro de 2012, Compromiso celebra o seu congreso fundacional onde a maioría da súa afiliación decide que Xoán Bascuas sexa o seu primeiro Secretario Xeral.
Tamén foi delegado da Consellaría de Vivenda na Coruña durante o goberno do chamado Bipartito (2005-2009).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Bascuas |
- Entrevista en Praza Pública
- Entrevista en El País (en castelán)