Saltar ao contido

Lopo de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLopo de Friúl
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte666 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Friúl (663–666) Editar o valor en Wikidata
FillosTheuderata von Friaul, Arnefrido de Friúl Editar o valor en Wikidata

Lupo (? – 663 / 666) foi duque longobardo de Friúl, desde o 662 ao 663.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada máis chegar ao trono, atacou cun grupo de xinetes a illa de Grado, onde residía o patriarca católico que se opuña ao tricapitolino de Aquileia, depredou a illa e levou a Aquileia os tesouros do patriarcado.

Cando, a finais do 662 ou ao principio do 663, o rei Grimoaldo, fillo do predecesor de Lupo Xisulfo II, partiu para Benevento, confiou ao duque o seu pazo en Pavia. Alí Lupo comportouse "con insolencia" (conta Paulo Diácono na súa Historia Langobardorum) pensando que o rei non volvería da expedición á Langobardia Minor. Ao regreso de Grimoaldo, en cambio, Lupo foi obrigado a volver a Cividale, onde se rebelou contra o rei. O soberano, que no quería a desencadear unha guerra civil, pediulle ao rei dos ávaros que atacase o ducado rebelde; a batalla durou catro días e terminou coa morte de Lupo. Á sucesión no trono ducal aspirou inutilmente o seu fillo Arnefrido.

Os superviventes encerráronse en varios castelos; os invasores devastaron o Friúl por días, ata que Grimoaldo lles pediu que puxesen fin ás súas devastacións. Os ávaros, porén, rexeitaron retirárense: o rei, neste punto, marchou cara ao Friúl contra eles, que, ao se sentiren ameazados, volveron á Pannonia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]