Romualdo I de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Romualdo I de Benevento
Nacemento século VII
Falecemento 677
Pai Grimoaldo I de Benevento
Fillos Xisulfo I de Benevento e Grimoaldo II de Benevento
Irmáns Garibaldo
editar datos en Wikidata ]

Romualdo I (tamén escrito Romoald e en italiano Romoaldo), duque de Benevento (662-677), era o fillo de Grimoaldo, rei dos longobardos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu Benevento cando o seu pai usurpou o trono en 662. Grimoaldo mandou á esposa do deposto rei Perctarito, Rodelinda, e ao seu fillo Cunincperto á corte do seu fillo en Benevento.

Romualdo desposou á súa irmá Gisa co emperador bizantino Constante II. Os bizantinos estaban a cercar Benevento e a valente defensa da cidade de Romualdo estaba a sucumbir, cando Grimoaldo se presentou e derrotaron a ameaza bizantina. Romualdo daquela tomou Taranto e Brindisi, limitando moito a influencia bizantina nesa rexión. Recibiu axuda militar da horda búlgara Alcek, que residía no sur da península desde a caída de Roma. A cambio deulles dereitos de pasto en 667.

Romualdo nunca viu o reino que o seu pai gañara e tan ben defendera, Perctarito volveu e parou o seu reinado.

Sucedeuno o fillo que tivo con Teodrada, filla do duque Lopo de Friúl, Grimoaldo II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ducado de Benevento

Segue a:
Grimoaldo I de Benevento
Romualdo I de Benevento
Precede a:
Grimoaldo II de Benevento
-