Godescalco de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Godescalco [1], finado no ano 743, foi duque de Benevento desde 740 ata o seu asasinato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Godescalco subiu ao trono sen a aprobación do rei. Co contemporáneo retorno de Trasimundo II ao poder en Spoleto, a cólera de Liutprando caeu sobre a Italia meridional. Tras ocuparse de Trasimundo, Liutprando volveuse cara Benevento, onde Godescalco se aprestaba a fuxir. O duque xa cargara un barco con provisións e coa súa familia e esposa, Anna, cando o matou o pobo, fiel á memoria de Romualdo II. A súa muller e familia escaparon a Grecia.


Ducado de Benevento

Segue a:
Gregorio de Benevento
Godescalco de Benevento
Precede a:
Xisulfo II de Benevento
-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. tamén escrito Gottschalk ou Gotteschalchus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]