Xiang Xiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXiang Xiu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Morte275 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXuanxue (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , político Editar o valor em Wikidata

Xiang Xiu (chinés tradicional e simplificado: 向秀; pinyin: Xiàng Xiù; Wide-Giles: Hsiang4-hsiu4), nado no condado de Huai (actual Henan) no 227 e finado no 272, nome de cortesía Zi Qi, foi un dos Sete Sabios da Fraga de Bambú.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Xiang Xiu gustáballe estudar, especialmente os clásicos daoístas como Laozi ou Zhuangzi. Shan Tao escoitouno debater sobre o Zhuangzi, e acabaron facéndose amigos. Foi Shan Tao quen lle presentou a Ji Kang e Ruan Ji, cos que se recluíu nas montañas de Shanyang. Con eles, estaba tamén o erudito Lu An.

Hai dous teorías sobre a vida de Xiang Xiu antes do pasamento de Ji Kang. Segundo o Jin shu, traballou coma funcionario dunha administración local. Pola outra banda, o Taiping yulan asegura que non sostivo ningún cargo oficial,

Arredor do 264, Ji Kang e Lu An foron asasinados polo funcionario Sima Zhao. Xiang Xiu viaxou até Luoyang, convocado polo rei de Wen. Sima Zhao tentou ridiculizalo, mais o monarca de Wen quedou impresionado pola súa autodisciplina de reclusión.

Xiang Xiu obtivo un posto de funcionario nun xulgado local, mais a tradición asegura que non fixo nada, optando pola vía do wuwei propugnada polo daoísmo. Faleceu no 272.

Obra[editar | editar a fonte]

O seu pensamento inscríbese na escola coñecida como Xuanxue ou neodaoísmo, que mesturaba elementos dos clásicos daoístas con ideas do confucianismo. Xiang Xiu defendeu unha ontoloxía da autocreación e autotransformación de todas as cousas. Atribúeselle un comentario sobre o Zhuangzi, que influíu no traballo do seu contemporáneo Guo Xiang (252-312).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seven Sages of the Bamboo Grove - Tang Dynasty, Chinese Poetry, Taoism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-05-17. 
  2. 2,0 2,1 Cheng 1997, p. 345, 370.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]