Saltar ao contido

Xesús Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXesús Ferreiro "Cachorro"
Nome orixinalXesús Xan Ferreiro García
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1985 (39 anos)
A Coruña, Galiza Galiza
Outros nomesCachorro
País de nacionalidadeGaliza Galiza
Altura1,78 m
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor en Wikidata
DeporteBoxeo (peso Supermedio)

Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un.[1] Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.[nota 1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xesús Ferreiro naceu na Coruña o 24 de febreiro de 1985. Iniciouse na práctica do boxeo con 12 anos, facendo o seu debut o 7 de xuño de 2008 en Ferrol fronte ao boxeador portugués Fernando Fernandes, ao que derrotou no cuarto asalto por KO técnico.

O primeiro título profesional de "Cachorro" chegou o 2 de febreiro de 2013, cando derrotou no Palacio de Deportes de Madrid ao púxil tinerfeño Adasat Rodríguez aos puntos por decisión unánime tras dez asaltos, porén cinco meses despois, o 12 de xullo de 2013, perdeu o título fronte ao mesmo adversario no Frontón de Riazor da cidade herculina co mesmo resultado.[1]

O 2 de maio de 2014 fíxose co cinto de campión de España do peso supermedio logo de derrotar ao boxeador cántabro Iván Salcines por decisión unánime no Frontón de Riazor. Na primeira defensa do título derrotou por decisión unánime ao asturiano Jose Manuel Iglesias "Punky" no Pavillón do Barrio das Flores coruñés.[3] Porén, o 1 de maio de 2015, na segunda defensa do título caeu no segundo de dez asaltos por KO técnico no Frontón de Riazor fronte ao boxeador nado en Suíza Blas "Colorín" Martínez, nunha noite na que se homenaxeara ao ex-campión de España en peso superwélter Iván Sánchez "Dinky".[1][2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 2 de maio de 2014, logo de proclamarse campión de España do peso supermedio, pediulle matrimonio á gaiteira Susana Seivane,[4] coa que ten dous fillos, Fiz[5] e Antón.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Xesús Ferreiro ten conseguido numerosos títulos a nivel estatal tanto en categoría afeccionado como profesional:[6]

  • Subcampíon de España júnior de boxeo afeccionado en peso medio.
  • Campión de España júnior de boxeo afeccionado en peso semipesado.
  • Medalla de prata no Boxam de Lanzarote en peso semipesado.
  • Campión de España sénior de full contact en peso semipesado.
  • Medalla de bronce no Bozam de Vigo en peso semipesado.
  • Campión de España profesional full contact en peso semipesado.
  • Campión de España profesional boxeo en peso semipesado
  • Bicampión de España de boxeo profesional en peso supermedio
15 Ganadas (5 KO), 4 Derrotas (2 KO), 1 Empate
Res. Récord Opoñente Tipo Rd., Tempo Datos Localidade Notas
D 15-4-1 España Blas Miguel Martínez TKO 2 (10) 01-05-2015 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña Perdeu o título de Campión de España na categoría supermedio.
V 15–3–1 Irán Fatah Baghban PTS 6 06-03-2015 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
V 14-3-1 Portugal Nuno Lagarto PTS 8 12-12-2014 Galicia Teixeiro
V 13-3-1 España José Manuel Iglesias UD 10 08-08-2014 Galicia Pavillón do Barrio das Flores, A Coruña Retivo o Campionato de España supermedio.
V 12-3-1 España Iván Salcines UD 10 02-05-2014 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña Retivo o campionato de España supermedio.
V 12–2–1 Portugal Ricardo Fernandes PTS 6 14-02-2014 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
D 11–2–1 España Adasat Rodríguez UD 10 12-07-2013 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña Perdeu o título de Campión de España en peso semipesado.
V 11–1–1 España Adasat Rodríguez UD 12 02-02-2013 España Palacio de Deportes, Madrid Gañou o Campionato de España en peso semipesado.
V 10-1-1 Julio Alberto Barsena TKO 3 (10) 30-11-2012 Galicia A Coruña
V 9-1–1 España Iban Estévez TKO 5 (6) 07-10-2011 Galicia Pazo dos Deportes de Riazor, A Coruña
V 8-2–1 Galicia Miguel Sanromán PTS 6 15-04-2011 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
D 7-1-1 Galicia Roberto Lorenzo Alonso KO 6 04-03-2011 Galicia Salceda de Caselas
V 6-1-1 Galicia Miguel Sanromán PTS 4 03-12-2010 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
V 5-1-1 Nelson Amudabi UD 4 11-10-2010 Galicia Cedeira
V 4-1-1 Nelson Amudabi PTS 4 06-08-2010 Galicia A Coruña
V 3-1-1 Portugal Ihor Balavat TKO 4 (6) 02-10-2009 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
D 2-1-1 Galicia Alberto Fernández TKO 4 (6) 16-01-2009 Galicia Complexo Deportivo das Travesas, Vigo
V 2-0-1 Romanía Anghel Florin TKO 2 (6) 03-10-2008 Galicia Pavillón Municipal de Deportes, Lugo
E 1-0-1 Portugal Rui Manuel Pavanito PTS 4 19-09-2008 Galicia Frontón de Riazor, A Coruña
V 1-0-0 Portugal Fernando Fernándes TKO 4 07-06-2008 Galicia Ferrol Debut.
  1. Moncho Casal conseguira anteriormente os títulos estatais en galo e pluma.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 boxrec.com (ed.). "Xesus Ferreiro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 La Voz de Galicia, ed. (2 de maio de 2015). "Cachorro pierde el cinturón nacional en el segundo asalto" (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  3. Marca, ed. (9 de agosto de 2014). "Cachorro mantiene cinturón de los supermedios" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015. 
  4. La Voz de Galicia, ed. (3 de maio de 2014). "Cachorro pide en el ring matrimonio a Susana Seivane" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015. 
  5. La Voz de Galicia, ed. (14 de abril de 2013). "Un bebé gaiteiro y boxeador" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015. 
  6. Concello de Cambre, ed. (23 de febreiro de 2015). "Cambre contará a partir de marzo con una escuela de BOXEO dirigida por el campeón nacional Xesús Ferreiro "Cachorro"" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2015. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]