Xestación subrogada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A xestación subrogada comeza cunha inseminación artificial.

A xestación subrogada, maternidade subrogada ou, máis popularmente, aluguer de ventres, de úteros ou nai de alugamento, é o proceso polo que unha muller xesta e dá a luz un fillo proveniente da implantación no seu útero dun óvulo doutra muller fecundado in vitro.

Habitualmente a muller que quere ser nai e non pode selo por problemas de infertilidade ten a posibilidade de someterse a un tratamento de fecundación artificial. Estes tratamentos de procreación medicamente asistida non só asisten a matrimonios, senón tamén a mulleres solteiras e parellas heterosexuais e homosexuais. A xestación subrogada é a alternativa que se lles ofrece á aquelas mulleres ou parellas que, por calquera motivo, non desexen ou non poidan xestar ao seu bebé.

Regulación legal da xestación subrogada no mundo:      Legal as formas retribuída e altruista      Sen regulación legal pero vense realizando      Legal só de forma altruista      Permitida entre familiares ata o segundo grado de consanguinidade      Prohibida      Non regulada/situación incerta

En varios países existe unha regulación xurídica detallada dos procesos de xestación subrogada. Na actualidade (2010) en España a lei vixente nesta materia é a 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida, que non permite o chamado aluguer de ventres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]