Xerión (arte urbana)
Xerión é un movemento de arte urbana que naceu na cidade da Coruña e que toma o mito que leva o seu nome como protagonista. Na biografía do seu perfil de Twitter figura o lema "O underground, literalmente, que sae de baixo a Torre".[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha codificación da caveira do xigante Xerión que aparece na parte inferior do escudo da cidade. Esta caveira e tibias cruzadas toman forma de grella que se materializan en todo tipo de soportes como mosaicos, colaxes, cinta ou pintura.
Repercusión
[editar | editar a fonte]O Concello da Coruña mostrou unha actitude crítica e persecutoria, tras manifestar que difundirían e respectarían estas manifestacións.[2] Con posterioridade o concello continuou a eliminar xerións como o mosaico do estadio de Riazor ou o aparecido no parque de Santa Margarida[3][4] Diversos medios fixéronse eco deste movemento, con forte base comunitaria e faino ti mesmo,[5] dun xeito positivo dentro do campo da arte urbana, da manifestación identitaria local ou reseñado como un atractivo que mostra a vitalidade da cidade.[6][7]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Este movemento de arte urbana foi nomeado ós Premios Gráffica 2023.[8] Na candidatura definíase como "exemplo excepcional de deseño anónimo e colectivo que tivo un profundo impacto na cidadde da Coruña."[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xerión". twitter.com. agosto 2021. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ Carro, A. e Rodríguez, R. D. (14 de decembro de 2021). "Xerión, del destierro a símbolo coruñés. El Concello respetará y difundirá estos mosaicos que antes eliminaba". La Opinión (en castelán).
- ↑ León, Carlos Ángel (28 de xullo de 2022). "Un «gran Xerión» se sienta en Santa Margarita en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ O., M. A. (17 de agosto de 2022). "Xerión, ás veces si, ás veces non". La Opinión (en castelán).
- ↑ Xerión (3 de setembro de 2021). "TUTORIAL! Chega o esperadísimo tuto fai o teu Xerión!". Thread Reader.
- ↑ Salgado, Daniel (9 de outubro de 2021). "Xerión, las calaveras de código abierto que se multiplican en A Coruña como un fenómeno de arte urbano anónimo". elDiario.es (en castelán).
- ↑ Lezcano, Arturo (13 de decembro de 2021). "A Coruña y el jaleo de las calaveras". El País Semanal (en castelán).
- ↑ Otero Mayán, Marta (17 de outubro de 2023). "Xerión, un fenómeno de premio". La Opinion de A Coruña. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ Premios Graffica (15 de setembro de 2023). "Xerión". Premios Gràffica (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tojo, Marga (30 de marzo de 2023). "Xerión e o control do espazo público". Nós Diario.