Xelidiáceas
Xelidiáceas Gelidiaceae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gelidium sesquipedale nun herbario. Espécime procedente de Muxía | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
A das Xelidiáceas (Gelidiaceae) é unha é unha familia de rodófitas da clase das florideofíceas e subclase das rodimeniofícidas, e orde das xelidiales.[1]
Moitas especies destas algas úsanse para obter ágar-ágar.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1843 polo farmacéutico, botánico e ficólogo alemán Friedrich Traugott Kützing,[1] na páxina 390 da súa obra Phycologia generalis oder Anatomie, Physiologie und Systemkunde der Tange. Mit 80 farbig gedruckten Tafeln, gezeichnet und gravirt vom Verfasser. Leipzig: F. A. Brockhaus.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Gelidiaceae está formado sobre a raíz Gelidi- do seu xénero tipo, Gelidium, coa adición do sufixo do latín científico -aceae, propio dos nomes das familias de vexetais.[2]
Xéneros
[editar | editar a fonte]A familia comprende os xéneros seguintes:[1]
- Acanthopeltis Okamura, 1892
- Capreolia Guiry & Womersley, 1993
- Gelidiophycus G.H.Boo, J.K.Park & S.M.Boo, 2013
- Gelidium J.V. Lamouroux, 1813
- Porphyroglossum Kützing, 1847
- Ptilophora Kützing, 1847
- Yatabella Okamura, 1900
Porén, o ITIS só recoñece tres:[3]
- Gelidiocolax N.L.Gardner, 1927
- Gelidiopsis K. J. F. Schmitz, 1895
- Gelidium J.V. Lamouroux, 1813
Notas taxinómicas
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS, Gelidiocolax pertence á familia das pterocladiofiláceas,[4] e Gelidiopsis é un sinónimo non aceptado de Ceratodictyon Zanardini, 1878, que pertence á familia das lomentariáceas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gelidiaceae Kützing, 1843 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ Gelidiales no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Gelidiaceae no ITIS.
- ↑ Gelidiocolax N.L.Gardner, 1927 no WoRMS.
- ↑ Gelidiopsis F.Schmitz, 1895 no WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xelidiáceas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xelidiáceas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boo, G. H. et al. (2016): "A novel phylogeny of the Gelidiales (Rhodophyta) based on five genes including the nuclear CesA, with descriptions of Orthogonacladia gen. nov. and Orthogonacladiaceae fam. nov". Molecular Phylogenetics and Evolution 101: 359–372.
- Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Familiy Gelidiaceae. En AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 17 de febreiro de 2021.
- Kamiya, M. et al. (2017): "Rhodophyta". En: Syllabus of Plant Families, 13th ed. Part 2/2: Photoautotrophic eukaryotic Algae. Frey, W. Ed. Stuttgart: Borntraeger Science Publishers. ISBN 978-3-4430-1094-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gelidiaceae na EOL.