Xavier Soto Valenzuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Soto Valenzuela
Xavier Soto 1919.jpg
Xavier Soto, retrato en Vida Gallega, 1919.
Nacemento1893
 Vigo
Falecemento17 de decembro de 1936
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e político
editar datos en Wikidata ]

Xavier Victoriano Soto Valenzuela, nado en Vigo en 1893 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado mercantil. Militante nacionalista, foi presidente da Mocidade de Vigo (xuventudes das Irmandades) en 1921, e escribiu nese ano con Manuel Antonio o manifesto "Terra Ceibe", que se publicou como panfleto e despois foi reproducido polo periódico A Nosa Terra, como resposta á negativa do pleno do Concello de Vigo a que a bandeira galega ondease o día de Santiago ao carón da española. Foi director de La Garra, elixido presidente da Agrupación Artística en decembro de 1922,[1] cargo do que dimitiu ao cabo duns días.[2] Presidiu a Asociación de Empregados Mercantís Mercurio,[3] e en representación desta asociación foi nomeado concelleiro de Vigo en abril de 1929.[4] Durante a República foi concelleiro en Vigo nas filas da Alianza Agraria. Participou na Asemblea Galega de Compostela en xullo de 1932 que nomeou a comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía.[5] Instalado en Viveiro, foi presidente da Comisión de Iniciativas en 1935.[6] Foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Viveiro en novembro de 1935.[7] En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Viveiro e elixido tenente alcalde. Foi presidente do Comité local de Autonomía de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Viveiro o 27 de xullo. Trasladado a Lugo, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de decembro, ás 8, nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Xavier Soto homenaxeado polo cadro de declamación Aurora de Sárdoma en 1924.

Obras[editar | editar a fonte]

É autor da comedia en galego O lóstrego, publicada en La Concordia en 1919, que foi estreada ese ano en Vigo polo cadro Juventud Artística. En febreiro de 1924 o cadro de declamación La Aurora de Sárdoma estreou a súa obra Terra ceibe.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Vázquez González en 1924[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia. Diario de Vigo, 26-12-1922, p. 1.
  2. Galicia. Diario de Vigo, 29-12-1922, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 22-1-1927, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 17-4-1929, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 5-7-1932, p. 10.
  6. El Progreso, 26-9-1935, p. 2.
  7. El Progreso, 21-11-1935, p. 6.
  8. El Pueblo Gallego, 24-2-1924, p. 5.
  9. El Pueblo Gallego, 25-6-1924, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]