Ventura Pérez Mariño
Ventura Pérez Mariño | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de decembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xurista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ventura José Emilio Pérez Mariño, nado en Vigo o 29 de decembro de 1948, é un xurista e político galego. Foi maxistrado da Audiencia Nacional, deputado no Congreso e alcalde de Vigo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1993 pediu a excedencia do poder xudicial para presentarse como candidato independente ao Congreso dos Deputados, encabezando a lista do PSdeG pola provincia de Lugo. Deixou o cargo o 13 de febreiro de 1995 a instancias do partido, catro días despois de romper a disciplina do grupo parlamentario votando en contra do goberno en catro ocasións. Amais, solicitaba publicamente a dimisión do presidente Felipe González, a formación dun goberno de xestión e a convocatoria de eleccións anticipadas[1][2].
En 2003 encabezou como independente a lista do PSdeG nas eleccións municipais do 25 de maio no concello de Vigo. Tras un acordo co BNG, Pérez Mariño foi nomeado alcalde, pero o 29 de novembro dese mesmo ano foi derrocado logo dunha moción de confianza esixida polo Bloque[3], saldada cos votos favorables á súa xestión do PSdeG (8 concellarías) e o grupo mixto (2 votos), e contrarios do PPdG (10) e BNG (7)[4]. O BNG rompeu o pacto de gobernabilidade e retirou o apoio ao alcalde logo de meses de dificultades e desencontros no goberno local[5]. Corina Porro, daquela portavoz do grupo municipal popular, gobernou en minoría até as seguintes eleccións. O 5 de xullo de 2005 Ventura Pérez renunciou á acta de concelleiro alegando motivos "estritamente persoais"[6].
Predecesor: Lois Pérez Castrillo |
![]() Alcalde de Vigo 2003 |
Sucesor: Corina Porro |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado coa tamén xuíz Dolores Galovart.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El adiós a la política del juez que nunca dejó de serlo", artigo en El Mundo, 12 de febreiro de 1995 (en castelán).
- ↑ "Pérez Mariño, la desventura del PSOE" Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., artigo en El Siglo de Europa, 8 de decembro de 2003.
- ↑ "El BNG exige una moción de confianza del alcalde de Vigo para rehacer el pacto", artigo en El País, 26 de novembro de 2003 (en castelán).
- ↑ "PP y BNG suman sus votos para derrocar al alcalde socialista de Vigo", artigo en El País, 29 de novembro de 2003 (en castelán).
- ↑ "El BNG se inclina por forzar el cese hoy de Pérez Mariño como alcalde de Vigo", artigo en El País, 29 de novembro de 2003 (en castelán).
- ↑ "Pérez Mariño abandona el Ayuntamiento de Vigo y facilita un nuevo pacto de izquierdas", artigo en El País, 6 de xullo de 2005 (en castelán).