Xavier Calicó i Rebull
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1907. Barcelona, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1983 (75 anos) Barcelona. Cataluña. |
Secretario Xeral Asociación Numismática Española | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, investigador, escritor |
Francesc Xavier Calicó i Rebull, nado o 22 de agosto de 1907 en Barcelona e finado o 1 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático catalán.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xavier Calicó foi continuador do negocio numismático familiar establecido na Plaça del Àngel de Barcelona, xunto co seu irmán Ferran.[2]
Paralelamente ao aspecto comercial, Calicó foi un activo promotor do coñecemento numismático tanto a través das súas publicacións como mediante o seu papel de organizador en varias edicións da Exposición Nacional de Numismática e do Congreso Nacional de Numismática, así como coa súa participación en diversas entidades asociativas.[2]
Xavier Calicó foi un dos socios fundadores da Asociación Numismática Española (ANE) en 1955, entidade da que foi o seu primeiro secretario xeral e da que en 1980 foi nomeado socio de honra. Tamén foi un dos responsables da creación do órgano de expresión da ANE, a revisata Gaceta Numismática, da que foi director, así como doutras publicacións periódicas, como Numisma, en 1951.[2]
A nivel internacional, foi tamén un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP), en 1951, que presidiu e da que foi nomeado presidente de honra, e presidiu tamén o primeiro Congreso Internacional de Estudo e Defensa contra as Falsificacións Monetarias (París, 1965).[2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]F. Xavier Calicó foi un prolífico autor de artigos numismáticos, publicados maioritariamente nas revistas Numisma (máis dun cento) e Gaceta Numismática.[3][4][5]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1948). The Coinage of Spanish Provisional Government of 1868. Wichita-EEUU.
- (1953). Aportación a la historia monetaria de Santa Fe de Bogotá. X. & F. Calicó, Barcelona.
- (1966). Los florines de Aragón. X. & F. Calicó, Barcelona.
- (1977). Monedas españolas desde Felipe V a Isabel II: años 1700 a 1868. X. & F. Calicó, Barcelona.
- (1979). Monedas españolas desde 1868 a 1979. X. & F. Calicó, Barcelona.
- (1983). Los denarios romanos anteriores a J.C.: y su nuevo método de clasificación. X. & F. Calicó, Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francesc Xavier Calicó i Rebull". Enciclopédia Catalana.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ripoll Perelló, E. (1983).
- ↑ "Calicó, F. Xavier". WorldCat Identities.
- ↑ Obras de Xavier Calicó". Regesta Imperii.
- ↑ Obras de Xavier Calicó. American Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ripoll Perelló, E. (1983). "Francisco Xavier Calicó Rebull (1907-1983)". En Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Tomo 1. Nº 2. Páxina 203.