Xan Adil Ilia
Nome orixinal | (ar) جان عادل إيليَّا |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de setembro de 1928 Magdouche, Líbano (pt) |
Morte | 19 de xullo de 2019 (90 anos) Joun, Líbano (en) |
Melkite Greek Catholic Eparch of Newton (en) | |
25 de novembro de 1993 – 22 de xuño de 2004 ← Ignatius Ghattas (pt) – Cyril Salim Bustros (en) → | |
Bispo titular | |
21 de marzo de 1986 – Diocese: Abila Lysaniae (en) | |
Bispo auxiliar | |
21 de marzo de 1986 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica greco-melquita |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana - teoloxía Boston College - Mestrado |
Actividade | |
Lugar de traballo | Newton |
Ocupación | bispo católico (1986–), sacerdote católico (1952–) |
Orde relixiosa | Orde Basiliana do Santísimo Salvador |
Consagración | Máximo V Hakim |
Xan Adil Ilia, B.S.[1] (en árabe: جان عادل إيليا), nado en Marduxa (Líbano) o 16 de setembro de 1928 e finado o 19 de xullo de 2019, foi un relixioso greco-melquita libanés, bispo de Nosa Señora da Anunciación en Newton entre 1993 e 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 16 de setembro de 1928 en Marduxa, unha vila do sur do Líbano.[2] En 1949 fixo a profesión solemne na Orde Basiliana do Santísimo Salvador. Foi ordenado sacerdote basiliano o 17 de febreiro de 1952.[2] Licenciouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. En 1977 foi nomeado arquimandrita.
O 21 de marzo de 1986 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Newton e bispo titular de Abila Lysaniae.[2] Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño do mesmo ano de mans do patriarca Máximo V.[2][3]
O 25 de novembro de 1993 foi nomeado bispo de Newton,[2] e tomou posesión da sé o 25 de xaneiro de 1994.
Deixou o cargo ao superar a idade canónica, o 22 de xuño de 20004,[2] e finou o 19 de xullo de 2019 no mosteiro do Santísimo Salvador en Xun, no distrito de Xuf do Líbano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Jean Adel Elya, John Adel Elia, John Adel Elya, John Elya.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Annuario pontificio per l'anno 2009. Libreria Editrice Vaticana. ISBN 9788820981914.
[...] Vescovo emerito (rin. 22 giu. 2004): S.E.R. Mons. John Adel Elya, B.S., n. in Maghdouché, arciep. di Saïda dei Greco-Melkiti, 16 sett. 1928; ord. 17 febb. 1952; el. alla Ch. tit. di Abila di Lisania 21 mar. 1986; cons. 29 giu. 1986; tr. 25 nov. 1993.
- ↑ Bransom, Charles N. (1990). Ordinations of U.S. Catholic Bishops, 1790-1989: A Chronological List. National Conference of Catholic Bishops. ISBN 9781555863234.
1986, June 29, at Roslindale, Massachusetts, Our Lady of the Annunciation Cathedral. Maximos V Hakim, Patriarch of Antioch, of Alexandria and of Jerusalem of the Greek Melkite Catholics, assisted by Joseph Elias Tawil, Archbishop-Bishop of Newton of the Greek Melkite Catholics, and Michel Hakim, Archbishop-Bishop of Saint Sauveur de Montreal of the Greek Melkite Catholics, consecrated John Adel Elya, BS [...]
- Nados en 1928
- Nados en Marduxa
- Finados en 2019
- Relixiosos católicos do Líbano
- Basilianos salvadorianos
- Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana
- Bispos católicos do Líbano
- Bispos católicos dos Estados Unidos de América
- Bispos da Igrexa católica greco-melquita
- Bispos católicos do século XX
- Bispos católicos do século XXI