William Jones (matemático)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1675 Llanfihangel Tre'r Beirdd |
| Morte | 1 de xullo de 1749 Londres |
| Lugar de sepultura | Catedral de San Paulo de Londres 51°30′49″N 0°05′51″O / 51.513592, -0.097582 |
| Educación | Ysgol Gymuned Llanfechell (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Matemáticas |
| Ocupación | matemático |
| Empregador | Royal Navy (1695–1702) |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Fillos | William Jones |
| Pais | Siôn Siôr |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |

Sir William Jones, nado en Llanfihangel Tre'r Beirdd - Anglesey en 1675 e finado en Londres o 3 de xullo de 1749, foi un matemático galés coñecido pola súa proposta de empregar a letra grega π como símbolo matemático do número pi, letra que xa utilizara anteriormente William Oughtred. Euler foi o que a popularizou. Foi pai de William Jones, considerado o pai da indoeuropeística.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jones publicou diversas Synopsis Palmariorum Matheseos en 1706, trátase dun traballo que pretende introducir os principiantes nos teoremas de cálculo diferencial e das series infinitas. A navegación foi un tema que interesou a Jones ata tal punto que o seu primeiro traballo publicado é un compendio sobre a arte de navegar. En 1731 publicou Discourses of the Natural Philosophy of the Elements.
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
