William H. Macy
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de marzo de 1950 Miami, Estados Unidos de América |
| Residencia | Os Ánxeles Vermont |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Goddard College (en) HB Studio Allegany High School (en) Bethany College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, mestre, produtor de cinema, actor de teatro, director teatral, guionista, escritor, actor de xénero, actor de televisión, actor de cinema, director de cinema |
| Período de actividade | 1971 |
| Partido político | Partido Demócrata |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Felicity Huffman (1997–) |
| Fillos | Sophia Macy, Georgia Macy |
| Pai | William Hall Macy, Sr. |
| Premios | |
| |
William Hall Macy, Jr., nado o 13 de marzo de 1950 en Miami, é un actor e guionista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Macy comezou no teatro na universidade a finais da década de 1960 e comezos da de 1970 Nova York, mudando ao se graduar para Chicago onde xunto con David Mamet e outra xente fundou unha compañía de teatro e alí interpretou pezas de Mamet como American Buffalo (1975). Na década de 1980 foi vivir a Nova York aparecendo en obras de Broadway e Off-Broadway. A partir de mediados da década de 1980 a carreira de Macy desenvolveuse sobre todo en filmes independentes, aínda que tamén traballou actuou no cine comercial, salientan as súas interpretacións en Benny e Joon (1994), The Client (1994), Murder in the First (1995), en televisión foi doutor David Morgenstern en ER (1994-1998), pola interpretación de Jerry Lundegaard en Fargo (1996) foi candidato ao Óscar, e logo dese papel aumentou a súa popularidade actuando en Boogie Nights (1997), Pleasantville (1998), Magnolia (1999) Jurassic Park III (2001), Seabiscuit (2003), Inland Empire (2006) ou Bobby (2006). Gañou dous Emmy e un premio do Sindicato de Actores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William H. Macy |