Wilhelm Backhaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Backhaus
Wilhelm Backhaus um 1920.jpg
Nacemento26 de marzo de 1884
Lugar de nacementoLeipzig
Falecemento5 de xullo de 1969
Lugar de falecementoVillach
SoterradoCemitério Melaten
NacionalidadeAlemaña e Suíza
Alma máterEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Ocupaciónpianista, profesor de música, compositor e profesor universitario
PremiosGrã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha e Great Silver Medal of Honour for Services to the Republic of Austria
Na rede
IMDB: nm6295400 Musicbrainz: c96542bf-9a0d-489f-b4ad-a2a90e08a92d Discogs: 397618 IMSLP: Category:Backhaus,_Wilhelm Allmusic: mn0000067282 Editar o valor em Wikidata
Wilhelm Backhaus - Signatur.jpg
editar datos en Wikidata ]

Wilhelm Backhaus, nado en Leipzig o 26 de marzo de 1884 e finado en Villach (Austria) o 5 de xullo de 1969, foi un pianista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no conservatorio de Leipzig con Alois Reckendorf ata 1899 e logo recibiu leccións privadas con Eugen d'Albert en Frankfurt, con dezaseis anos fixo o seu primeiro tour. En 1905 gañou o Premio Rubinstein con Béla Bártok quedando en segundo lugar. En 1930 marchou a vivir a Lugano e converteuse en cidadán suízo.

Backhaus foi particularmente coñecido polas súas interpretacións de Ludwig van Beethoven e da música romántica como a Johannes Brahms. Foi un dos primeiros pianistas en deixar gravacións, gravou case toda a obra de Beethoven e bastante de Brahms e Mozart.