Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-09-2010/Novas e anuncios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Novas e anuncios

As estatísticas da Galipedia tras o verán

Por Toliño, 1 de setembro de 2010

Rematado o mes de agosto, imos facer unha recompilación de datos estatísticos do acontecido este verán na Galipedia.

Artigos e edicións

En canto á creación de artigos, a media de crecemento en verán seguiu a ser igual e apenas diminuíu nun período onde a actividade no wiki adoita descender. Malia que seguimos engadindo uns 1.000 artigos cada mes, si que se notou unha pequena baixada no número de entradas na última parte de agosto, cando se acadou a cifra de 62.000 artigos.

Por outra banda, a media de edicións por páxina, que mide o número medio de revisións con que contan os artigos, sitúase en 12,2. Mentres que a nosa base de datos recolle artigos con máis de 850 revisións, como poden ser "Galicia", "Lista de filmes con versión en galego" ou "Reino de Galicia", aínda hai moitos outros que teñen soamente dúas edicións, unha delas a que creou o artigo.

Outro dato a ter en conta é a categorización de artigos, que rolda o 100%, con artigos novos que teñen un mínimo paso pola páxina especial onde se atopan as páxinas sen categoría e mais aqueles que inclúen o marcador {{sencat}} listados nos pendentes por categoría.

Así e todo, as categorías que inclúen artigos con problemas ou aqueloutras nas que están os bosquexos aínda seguen ateigadas e cómpre reducir as páxinas que están alí, case unha de cada cinco[1].

A nosa profundidade anda ao redor do 18

Por outra banda, os cálculos da profundidade da Galipedia sitúana nos 18[2] puntos. A profundidade considérase un indicador da calidade da enciclopedia. A fórmula, que non soamente dá prioridade aos artigos enciclopédicos, senón que tamén conta en gran medida as páxinas de axuda, do proxecto, as conversas e demais, é como segue:

Con respecto ao número de artigos, a finais de agosto a Wikipedia en lingua galega atopábase no posto 42[3], por diante da Wikipedia en lingua arromanesa e por detrás da Wikipedia en lingua tailandesa. O dato da profundidade sitúanos moi por riba do arromanés, cunha profundidade de 0[3], pero moi por debaixo do tailandés, que conta con 109[3] puntos. Malia estes datos tan dispares, a Galipedia está un chisco por debaixo do nivel que posúen outras linguas do entorno, entre os postos 36 e 47.

Por suposto, os 533 puntos de profundidade da Wikipedia en inglés queda moi lonxe. E se facemos a comparación coas linguas da Península, temos a Wikipedia en castelán con 188[3] e a Wikipedia en portugués con 76[3]. O galego atópase á mesma altura que as outras linguas cooficiais, cuxas wikipedias en catalán e éuscaro teñen 16[3] e 19[3], respectivamente. Outras linguas presentes en España con Wikipedia, como son o aragonés e o estremeño, pese ao seu menor número de artigos, supérannos con 48[3] e 38[3]; o asturiano acada os 12[3].

Notas
  1. Segundo datos tirados da páxina Usuario:HombreDHojalata/Mantemento.
  2. Segundo datos tirados da páxina Usuario:Xabier Cid/datos.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Segundo datos tirados da páxina List of Wikipedias de Meta-Wiki.
01-09-2010
Neste número

← Volver aos contidos

+ Engade un comentarioConversa sobre esta historia
Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!