Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de concellos da Coruña
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. O contido desta páxina mellorouse e existe acordo en conservala. --Xosé (✉) 12:06, 7 abril 2007 (UTC)
Lista de concellos da Coruña[editar a fonte]
Copio a seguir o que hai xa na páxina de discusión, que é vello dabondo:
¿Por que hai unha lista de só algúns concellos e logo todos? --Adalbertofrenesi(fala) 15:17, 19 xullo 2005 (UTC)
- Non lle vexo sentido á lista, ao exister o modelo de concellos da Coruña, quizais a páxina foi feita antes.--Rocastelo 16:17, 19 xullo 2005 (UTC)
--Xosé (✉) 22:29, 4 febreiro 2007 (UTC)
Votacions para borrar:
A favor:
Concordo Ao xa existir o modelo a lista é irrelevante, ademáis de estar incompleta. BaNjO 16:57, 12 febreiro 2007 (UTC)Concordo co borrado da lista tal como está.Non cumpre os requisitos para permanecer (ás listas non deben ser meras relacións de ítems, deben engadir información adicional), así é todo quizais teñamos que volvela a crear (tanto esta lista como o resto das provincias galegas) debido a que se están propagando polas Wikipedias listas de concellos con invencións e moitísimos erros. --Prevert(talk) 14:36, 13 febreiro 2007 (UTC) Nota: Corrixin o voto porque a lista mudou. --Prevert(talk) 14:27, 5 abril 2007 (UTC)
En contra:
- Discordo Se ben com di Prevert as listas deberían achegar un maior valor, o certo é que o propio feito de listar os concellos da provincia da Coruña ten un valor en si. E se eliminamos a páxina porque xa existe unha template, o que parece unha decisión coherente, en realidade non estamos deixando que esa información estea dispoñíbel para alguén que a está buscando. Eu necesitaba hoxe unha lista de concellos galegos... e descubrín que a Galipedia non a tiña. Non había en ningún sitio onde se enumerasen todos os concellos galegos. E creo que esa é unha información importante independentemente de que si que haxa que completala, e que debamos engadir datos poboacionais, de extensión ou de creación do concello.--Xabier Cid 16:07, 26 febreiro 2007 (UTC)
- Discordo Agora que xa está completa si pode ser útil, debería preservarse. --☣Banjo tell me 14:03, 28 febreiro 2007 (UTC)
- Discordo Debido ás modificacións feitas. --Xosé (✉) 20:41, 5 abril 2007 (UTC)
- Discordo Ese artigo debe de quedar, sempre serve a modo de resumo do máis importante dos concellos, logo o que queira máis información pode entrar a cada un deles por separado.
Comentarios:
- Comentario Completei a lista cos datos do Modelo:A Coruña, quizáis debido ao que dixo Prevert sobre ter que volver a creala sería adecuado non borrala, asi o traballo xa estaría feito ao xa estar completa a lista BaNjO 03:00, 15 febreiro 2007 (UTC)
- Comentario En relación ao que comenta Xabier Cid si existe unha lista de concellos, está en Concellos de Galicia, as parroquias en Parroquias de Galicia e os lugares en Lugares de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:53, 26 febreiro 2007 (UTC)