Wikipedia:Votacións/Modificar as normas de asinar as mensaxes
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Na páxina Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa hai unhas cantas normas, que creo que deben ser actualizadas porque presentan deficiencias.
Votación PECHADA: Modificar as normas de Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Período de votación: 16 de abril do 2013 - 16 de maio do 2013
SI: 3 — NON: 2 — NEUTRO: 2 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
A actual norma obriga a poñer unha ligazón á páxina de usuario, e dá liberdade para que o usuario decida se quere poñer unha ligazón á páxina de conversa. Pero na Galipedia non é obrigatorio o uso da páxina de usuario e hai usuarios que non teñen. En cambio a páxina de conversa usámola todos e útil poder acceder á páxina de conversa dun usuario directamente, sen ter que pasar pola páxina de usuario. Así que propoño cambiar o seguinte parágrafo:
A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de conversa do mesmo se así o prefire.
Por estoutro:
A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina de conversa do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de usuario se así o prefire.
- A favor
- Concordo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 20:50 (UTC)[responder]
- Concordo Iso é economía de esforzos. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Concordo. --JaviP96 18 de abril de 2013 ás 20:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. A páxina de usuario aparece xa por defecto na sinatura, pero para que apareza a de conversa hai que fedellar. Aínda me lembro que me custou o meu atinar co xeito de facelo. E non hai cousa máis doada que ir á páxina de conversa dende a páxina de usuario. Xa que logo, non me parece preciso mudar a norma neste punto. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:08 (UTC)[responder]
- Discordo. Estou dacordo con Paradanta, xa se pode ir a páxina de conversa pasando pola páxina de usuario, na miña opinión o deixaría como está. --AMPC98 (Conversa) 21 de abril de 2013 ás 14:26 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Creo que os dous elementos son necesarios. E son os que están por defecto na sinatura de catro ~~~~. Non podo votar a favor da proposta, pero tampouco en contra dela. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de maio de 2013 ás 20:04 (UTC)[responder]
- Neutro, opino como Xabier. Piquito (conversa) 14 de maio de 2013 ás 09:37 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Modificar as normas de Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Período de votación: 16 de abril do 2013 - 16 de maio do 2013
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Na sección Opcións de sinatura di o seguinte:
Dado que é necesario asinar as mensaxes, os creadores da Wikipedia idearon un sistema sinxelo para facelo. Para asinar automaticamente os seus comentarios coa data e a sinatura, engada catro tiles (~~~~) ao final da mensaxe, ou tres (~~~) para engadir só o nome de usuario, aínda que en xeral prefírese que se use o formato completo de catro tiles.
Pero a función da sinatura é indicar o nome do usuario e a data. Así que propoño a súa a eliminación do parágrafo e a adición destoutro na sección Contido:
A sinatura debe sinalar a data e hora da edición para poder cumprir o seu obxectivo. Non se pode firmar unicamente co nome de usuario.
- A favor
- Concordo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 20:50 (UTC)[responder]
- Concordo Non é que me pareza importante a data e hora, pero axuda a situar as edicións. Deixar a opción de incluir unicamente o nome de usuario parece incongruente. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Concordo. É simplemente engadir un til máis e a data e a hora das edicións inclúen unha información moi valiosa. Paréceme unha proposta moi atinada. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:09 (UTC)[responder]
- Concordo. É moito máis útil incluír sempre a data e a hora. --JaviP96 18 de abril de 2013 ás 20:25 (UTC)[responder]
- Concordo. Convenceume Paradanta. --AMPC98(Que che pica?) 21 de abril de 2013 ás 19:06 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 14 de maio de 2013 ás 09:39 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
# Agardar. Véxase pregunta. --AMPC98 (Conversa) 21 de abril de 2013 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Comentarios
Pregunta:. Para que queredes saber a hora e a data da firma? --AMPC98 (Conversa) 21 de abril de 2013 ás 14:33 (UTC)[responder]
- É moi útil para situar no tempo as intervencións nas páxinas de conversa ou de debate. Deste xeito pódense ordenar cronoloxicamente os argumentos de cadaquén, saber en que momento foron aprobadas determinadas políticas ou outro tipo de votacións e coñecer, por poñer un exemplo máis concreto, canto tempo leva agardando alguén por unha resposta a unha pregunta que che formulou na túa páxina de conversa. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 21 de abril de 2013 ás 19:00 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Modificar as normas de Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Período de votación: 16 de abril do 2013 - 16 de maio do 2013
SI: 1 — NON: 5 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
A norma prohibe o uso de máis dunha foto na sinatura, pero en cambio non di nada das imaxes animadas nin dos modelos. E iso que as imaxes animadas e os modelos son unha carga para os servidores da Wikipedia. Así que propoño a súa prohibición do seu uso nas sinaturas coa adición seguinte texto no punto Imaxes.
Prohíbese o uso de calquera imaxe animada (por exemplo GIF) e de calquera modelo nas sinaturas dos usuarios, debido a que son unha carga para os servidores da Wikipedia.
- A favor
- Concordo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 20:50 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Non sei que intereses pode ter un usuario en engadir fotos ou imaxes animadas na súa sinatura, pero é certo que hai a quen lle gusta. Como este uso non provoca ningún problema nos servidores, polo menos polo de agora, non vexo necesario prohibir nada. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Discordo. Opino como Lameiro. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:10 (UTC)[responder]
- Discordo. Ídem, é decisión de cada un. --JaviP96 18 de abril de 2013 ás 20:27 (UTC)[responder]
- Discordo. Se aos usuarios gustalles, deben ser libres de poñelo. --AMPC98 (Conversa) 21 de abril de 2013 ás 14:36 (UTC)[responder]
- Discordo, cada quen que faga o que quera coa súa sinatura sempre que se identifique e permita que se fale con el. Piquito (conversa) 14 de maio de 2013 ás 09:41 (UTC)[responder]
- Neutros
Comentarios
[editar a fonte]- Paranda é mentira que só aparece a páxina de usuario e non a de conversa de forma predeterminada. Na sinatura de forma predeterminada aparece unha ligazón á páxina de usuario e outra á páxina de conversa. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de abril de 2013 ás 19:58 (UTC)[responder]