Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Monte de San Trocado está situado na provincia de Ourense, lindando coa comarca do Ribeiro, e é un monte de pequena altitude que se atopa na beira dereita do Miño central, á altura de Laias (concello de Cenlle), onde, ós pés do monte, xorden uns mananciais de augas medicinais, xusto onde hoxe se atopa o moderno balneario de Laias.
Desde a súa altitude (550 metros) pódese observar unha gran porción da comarca, destacando as vistas da Serra da Martiñá cara ó norte, e do Coto de Novelle cara ó sur.
Administrativamente, pertence ós concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín e, na división eclesiástica, teñen parte no monte catro parroquias: Santa Uxía de Eiras, San Cibrao de Las, San Xoan de Ourantes e Santa Baia de Laias.