Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
BreoganHercules.jpg

Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brath, e o pai de Ith e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels. Ademais cóntase como os gaels descenden de Adán, a través dos fillos de Noé, e como chegaron a Irlanda a través de Galicia.

É a personificación nacional de Galicia, sendo mencionado dúas veces no himno Os Pinos a través de referencias metafóricas a Galicia como o "Fogar" e a "Nazón de Breogán".