Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Hockey Club Liceo da Coruña
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Hockey Club Liceo da Coruña[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 15-06-2013 - 31-07-2013
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 22:21 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo de actualidade sobre o clúb máis laureado de Galiza, recentemente campión de liga. Está ben ilustrado (principalmente con imaxes recentes) e conta con abondosa información das últimas tempadas. --Piquito (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 22:21 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 22:21 (UTC)[responder]
- Concordo. --Paradanta (Cóntame) 17 de xuño de 2013 ás 10:52 (UTC)[responder]
- Concordo -- JonnyJonny (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 20:03 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2013 ás 08:04 (UTC)[responder]
- Concordo. Ir á portada pode axudar a corrixir algúns dos defectos do artigo e tamén a amplialo. Ademais, é o único artigo que pode aparecer como destacado sobre Galicia para o mes que ven, e non podemos quedar sen ningún. --JaviP96 10 de xullo de 2013 ás 22:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 11 de xullo de 2013 ás 13:14 (UTC)[responder]
- En contra
# Discordo.Polo momento, o artigo practicamente non ten referencias. Ademais como posibles seccións, poderíanse engadir unha sobre a economía do club, na que se poderían poñer, entre outras cousas, datos de patrocinio ou presuposto e meterlle tamén a xa creada sobre o estadio, non sei se cambio moito a equipación dende a creación, pero nese caso estaría ben engadir as diferentes camisetas. Pero dende logo, repito que a maior traba que ten é a falta de fontes. --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 19:34 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Mañán farei unha sección coa nova liga e esta tempada. Sería bo ampliar as tres primeiras seccións de "Historia", pero está ben actualizado e é especialmente completo dende o cambio de século. Tentarei atopar algo sobre estas etapas do club na prensa. Piquito (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 22:21 (UTC)[responder]
- Comentario. Creo que lle falta unha volta ao estilo... as bandeiras, as táboas, algúns parágrafos inmensos... e unha época dourada máis pequena cá época escura. Estaría ben que fose, pero creo que de momento inda lle falta. --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de xuño de 2013 ás 22:41 (UTC)[responder]
- Xabier, todas as bandeiras que hai no artigo son correctas (as dos xogadores que non estou seguro de ónde son non as puxen). Aparece a bandeira española en Huelves porque sei que é español mais non sei exactamente de ónde (creo que madrileño). Tal como están agora as bandeiras calquera pode saber perfectamente de ónde é cada xogador. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 08:14 (UTC)[responder]
- Comentario. Sobre as referencias vounas incluír nos próximos días, de todos xeitos o que hai está tirado da historia que hai na web (bastantes escasa, por certo), podes ver as clasificacións dende 1999 na web da FEP e outras webs de hóckey a patíns (se vedes necesario referenciar as distintas tempadas fágoo sen problema ningún, total é poñer unha ligazón); o único que non teño moi claro son mencións a determinados xogadores que non coinciden co que eu teño e que vou cambiar alo menos ata que non haxa fontes mellores (os actuais non están referenciados en ningures e os que teño pensado poñer alo menos aparecen nun artigo de prensa, que algo fiable é). O das camisetas si que estaría ben, eu non coñezo a evolución da equipación, o mellor sería contactar co club, igual que co tema do patrocinio, no tema do presuposto non sei se cederían datos sobre as súas contas, é un tema complicado. De todos xeitos non creo que o feito de que falte a evolución da camiseta e os patrocinadores sexan datos tan relevantes como para que non poda ir á portada, dada a importancia que o club ten para o deporte galego. O problema da época dourada é que non hai moita literatura, o único o libro Visten de verde y blanco que eu non teño (se alguén o ten e se anima a ampliar será ben recibido). Unha aperta!! Piquito (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 09:36 (UTC)[responder]
- Comentario. O problema de que non inclúa referencias é ese, que a historia estea collida toda da web do club, debería ter unha orixe un pouco máis variada. Todo o que mencionei de camisetas e demais evidentemente, sería un engadido, pero creo que quedaría moi ben. De todas formas, se se referencia correctamente, a información non ven case toda dunha soa web, e se fan uns pequenos cambios nalgunhas expresións que non me parecen de todo neutrais (coma "ascenso meteórico") penso que ben valería para a portada. Saúdos! --JaviP96 28 de xuño de 2013 ás 09:55 (UTC)[responder]
- Comentario. Hai unha sección sen rematar. Por outra banda, penso que poderíase facer un esforzo na unificación das infoboxes segundo o modelo:Infobox. As seccións a partir da "época dourada" son longas de mais e difíciles de ler (moito texto plano). --Norrin_strange (Fala-me) 5 de xullo de 2013 ás 11:50 (UTC)[responder]