Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Galegofobia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Galegofobia[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 12/01/2016 - 29/01/2016
SI: 3 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Tommyhilfiger (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 20:48 (UTC) (Período de votación: dende o 12-01-2016 ata, polo menos, o 27-01-2016)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Propoño este artigo para a portada por ser un tema interesante sobre a sociedade galega, e aínda que é pouco extenso, é un tema sobre o que hai pouca información ao respecto na internet.--Tommyhilfiger (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 20:48 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Tommyhilfiger (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 20:48 (UTC)[responder]
- Concordo. Vendo as achegas que se fixeron dende que foi proposto, vou votar a prol. Non sei se hai aínda máis marxe de mellora, pero para min xa superou as eivas que tiña. --Breogan2008 (conversa) 18 de xaneiro de 2016 ás 10:31 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2016 ás 21:26 (UTC)[responder]
- En contra
-
Discordo. Illado, falto de referencias nalgunhas afirmacións que o precisan e incorrección noutras. Fonte primaria.--. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2016 ás 22:39 (UTC)[responder]
- Discordo polo de agora. Fáltanlle moitas referencias, penso que pode incumplir a norma de que non somos fontes primarias, é un artigo feito a base de artigos de xornais, e bordea WP:PVN. --Norrin (Fálame) 12 de xaneiro de 2016 ás 23:04 (UTC)[responder]
- Discordo. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2016 ás 08:53 (UTC)[responder]
- Discordo. Fáltalle moitísimo. Existe bibliografía que expón diversos casos históricos e relevante de galegofobia, algo que vén de moito máis atrás; cómpre, pois, que o artigo ande un percorrido histórico e que o faga cun maior rigor. Tal cal está presentado agora, tamén creo que está collido con pinzas. --Atobar (conversa comigo) 13 de xaneiro de 2016 ás 10:12 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Comecei a darlle formato e a engadir información histórica e referenciada no artigo. Conto con proseguir nos vindeiros días con moito máis. Entrementres, convido ao resto de editores a lle meter man. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de xaneiro de 2016 ás 23:04 (UTC)[responder]
- Comentario Dende que se propuxo hai catro días o artigo mudou bastante en contido. Convídovos a que lle botedes outra ollada e a ver se se pode mellorar aínda máis. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 16 de xaneiro de 2016 ás 20:34 (UTC)[responder]
- Comentario. Segue a estar descompensado e resulta confuso (dígoo mesmo cando fun eu un dos principais editores destes últimos días). Comparede o peso duns e doutros séculos e mirade tamén que se mestura a temática e a historia cronolóxica. Creo, por tanto, que pode mellorarse moito; é precipitado destacalo como artigo. Eu persoalemente limiteime a recompilar cousas que tiña á man, pero hai moitísimas máis nas bibliotecas e pode quedar un artigo ben máis completo e interesante. Agora, como digo, ten unha lea importante. --Atobar (conversa comigo) 25 de xaneiro de 2016 ás 22:31 (UTC)[responder]
- Comentario. Eu concordo con Atobar, o século XX non ten máis que unha frase, por exemplo. Penso que hai que darlle unha volta á estrutura do artigo, persoalmente faría unha sección sobre a historia e outra sobre as manifestacións (incluída a definición da RAE) É complicado porque na historia é inevitable citar as manifestacións... eu non sei como o faría, non sei do tema nin teño fontes de consulta, pero é a observación que fago eu. O artigo é controvertido e por iso cómpre que estea especialmente ben. Un saúdo! --Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2016 ás 22:55 (UTC)[responder]