Lapela (informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lapelas na Wikipedia.

Unha lapela ou separador é un implemento gráfico que en aplicacións informáticas permite lembrar outras opcións á parte da que está en uso. Isto pode referirse ás lapelas tanto de páxinas web como ás dos propios navegadores ou outro tipo de programas (moi usuais en follas de cálculo).

Na tradución ó galego do OpenOffice en 2006 e de Windows Vista en 2007-2008 (produto elaborado por Imaxin Software e revisado por Termigal) usouse separador, aínda que esta é a denominación para un produto comercial e iso non inclúe necesariamente a súa preferencia xenérica[Cómpre referencia].