Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elección de administradores[editar a fonte]

Referencias:


Propostas:

  • Un paso previo a este proceso e que tamén pode beneficiar aos anteriores podería ser facer unha distribución da situación actual dos administradores, dividindoos según o seu estado (en activo, ausente, ex-administradores...) a imaxe da wiki es: Wikipedia:Bibliotecarios. Creo que serviría para que toda a comunidade se dise conta da necesidade de que todos colaboremos no mantemento do proxecto, e facilitaria a comunicación entre editores e administradores. Lansbricae (Ti dirás) 06:45, 7 setembro 2007 (UTC)

Os administradores activos nos 6 últimos meses son:

Administradores inactivos desde fai máis de 6 meses:

Antigos administradores (que eu coñeza):


Administradores ausentes: (Aqueles que notifican a súa ausencia por tempo determinado): (Esto xa o terían que decir eles)

Propoño se faga unha estrutura similar a anterior no Wikipedia:Taboleiro dos administradores xa que opino que aclararía a situación actual e facilitaria a comunicación entre todos. Lansbricae (Ti dirás) 21:04, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo. Lansbricae (Ti dirás) 21:04, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo Alma 21:53, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo aproveito para recoñecer o labor feito ata agora.--Maañón 13:32, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo Non me parece mala idea ter unha lista informativa de qué administradores están activos e cales non. --Banjo tell me 21:08, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo --Hugo22 20:00, 10 setembro 2007 (UTC).

  • Creo tamén que podería ser útil que no Taboleiro de administradores se incluísen ligazóns a este artigo e a outros que se propoñan. Que funcione, ademáis dos usos que ten agora, como unha especie de directorio de recursos (accesos directos a eles) que axuden na axilidade e a diminuir o coste da administración. Quizais fose compatible facelo en forma de template ou cabeceira para esa páxina. Lansbricae (Ti dirás) 06:45, 7 setembro 2007 (UTC)

Proposta de renuncia temporal de privilexios como burócratas dos administradores[editar a fonte]

Do mesmo xeito propoño que se vote para que os administradores da Galipedia renuncien aos privilexios que teñen como burócratas e que eles elixan a persoa que os teña ata que se faga unha proposta de eleccións e teñan lugar. Deste xeito só un administrador sería o responsable do nomeamento e cese de privilexios de administración, evitando que a responsablidade (Quen foi desta vez? Non se sabe) dos actos dun administrador caian sobre o conxunto deles, caendo sospeitas sobre todos. Para que se entenda claro propoño que só exista un burócrata na Galipedia coa maior urxencia, para evitar que se produzan mais danos ao proxecto. Lansbricae (Ti dirás) 20:38, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo. Lansbricae (Ti dirás) 20:38, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo Alma 21:53, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo. Os administradores actuais deben decatarse de que contan co apoio da comunidade, soamente teñen que desatrincherarse e axudar a tirar do carro, como fixeron ata hai pouco.--Maañón 13:28, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Discordo --Banjo tell me 21:08, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Discordo -- Na situación actual xa non é necesario. --Xosé (✉) 19:06, 10 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo con Xose, que neste momento xa non é necesario. Alma 19:20, 10 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo tamén co dito por Xosé, na situación actual non semella necesario e debilitaría o proxecto que só houbese un burócrata. Lansbricae (Ti dirás) 19:34, 10 setembro 2007 (UTC)

Proposta de artigo Wikipedia:Burócratas[editar a fonte]

  • Tamén facer un artigo definindo Burócrata, xa que carecemos del. Wikipedia:Burócratas. Creo que o criterio de partida debería ser a fonte da wiki inglesa, pero o meu inglés é bastante precario. Ten boa pinta tamén o da wiki pt: Wikipedia:Burocratas, que se pode comparar coa versión inglesa e a española Wikipedia:Burócratas.

Creo que a tradución que fixo Toliño inclúe todo o necesario. Polo que semella as características dos burócratas son sempre as mesmas para todas as wikis polo que propoño quitar do artigo traducido as ligazóns aos procedementos específicos da portuguesa e quedarnos coas definicións das funcións, e cando se avance nos procedementos de eleccións ir engadindo nela os enlaces. Poño o exemplo en Conversa Wikipedia:Burócratas. Estaría moi ben que lle votase un vistazo antes un burócrata. Propoño logo a votación:

Lansbricae (Ti dirás) 21:49, 6 setembro 2007 (UTC)