Conversa Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007/Arquivo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sobre User:Moderador[editar a fonte]

Moitos non me coñecedes, algún si; eu fun administrador da Galipedia nos primeiros tempos, era un traballo inmenso, eramos poucos e non tiñamos apenas experiencia, había moito por facer e non dabamos abasto, foron días de moitas vacilacións, moitas loitas para que se recoñecese a toponimia galega nos outros wikis e en Commons, de traballo esgotador, en especial Prevert deuno todo polo proxecto, con moitas horas para a consolidación dun sistema de categorías coherente, para que se respetasen os dereitos de imaxe e aumentase a calidade da Galipedia; é nese contexto onde xurdeu a idea do Moderador, unha idea cuestionable como todo pero desde o meu punto de vista lexítima, había unhas regras na súa utilización por suposto, sempre para afortar a comunidade, para crear consensos, para darnos unha autoridade que nese momento non tiñamos. No momento actual xa non ten sentido, e máis que unir esgaza á comunidade.--Rocastelo(fálame aquí) 14:19, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo con todo o que dis. Alma 14:22, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo no dito por Rocastelo, e engado que non dubido en ningún intre na boa fe e utilidade dese Usuario no seu momento, pero tamén concordo en que na actualidade debe desaparecer completamente, mellor sen pedir explicacións polo seu uso xa que só implicaría persoalizar máis un debate que debe evitar todo tipo de persoalización agás a de persoalizar o recoñecemento o inmenso traballo realizado por moitos usuarios e administradores que teñen pasado por este proxecto. Lansbricae (Ti dirás) 16:16, 9 setembro 2007 (UTC)

>> Fillos meus!!. A verdade é que non entendo con qué finalidade se me está a cuestionar. No meu pouco tempo que dispoño libre a miña ilusión tratouse servir os fieis. Agora empezan aparecer xentes novas con ideas novas (revolucionarias diria eu). Sei polo Usuario Xelo que noutro, este usuario fura un monicreque e, eu. Na miña bontade se servir a comunidade e a Deus, acepteu iste usuario sendo o anterior aún un administrador. Agora tratase de desprezarme (na vez de reciclar o usuario e darlle un tempo de proba). Acaso non lembrades que Xesús dixo. Cando che dean unha labazada na cara, pon a outra meixela!!. Eu diría que quen nonme coñecedes, sodes vosoutros a min. Pero a miña labor como aparece na miña páxina non consiste en amonestar a ninguén só, como lle prometin a Xelo, erradica-lo vandalismo. Non quero entrar en polémicas nin tampouco nas carraxes de ninguén. Pareceme (polo pouco que levo lido -vou segundo o tempo que dispoño- que vos estades a precipitar; como se nota que neste mundos de Deus o noso Señor a xente non viu os martirios e as calamidades que eu vin na miña época servindo a ONG's de cara o terceiro mundo. Unhas xentes famélicas roidas polas moscas e a fame fronte a xente "culta" roida pola carraxe e polo odio. Non vou tratar de seguilo voso xogo xa que pasades máis tempo en tirar pedras enriba do voso tellado que en facer algo nal prol do proxecto. Decidades o que decidades, facede mirando o voso corazón e non polo instinto de que alguén sexa marxinado ou sobre de algún lado. Que Deus vos ilumine nas vosas decisións. --Moderador 14:52, 9 setembro 2007 (UTC)