Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Xerais do Ulla.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 a favor, e 1 neutro. Elíxese como imaxe da semana.
Ficheiro:Xerais do Ulla.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por Pelos e cargada por Pelos, a imaxe está incluída no artigo Fao, Touro; proposta por Prevert.
- Comentario trátase dunha fotografía dun usuario que aínda non tivera proposta ningunha fotografía para imaxe da semana, dun tema: os Xenerais do Ulla, que permite enlazar na portada o artigo entroido. O nome do ficheiro, polo de agora, é incorrecto pero pódese corrixir no futuro. --Prevertgl 15:49, 10 xullo 2009 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Prevertgl 15:49, 10 xullo 2009 (UTC)
- Concordo. ElviraConversa comigo 20:40, 10 xullo 2009 (UTC)
- Concordo. --Norrin_strange (Fala-me) 08:07, 20 xullo 2009 (UTC)
- Concordo Alberte Si, dígame? 13:34, 22 xullo 2009 (UTC)
- Concordo --Iago dime 17:53, 28 xullo 2009 (UTC)
- Nulos
#{{Concordo}}. -- Lmbuga / Conversa comigo 12:47, 15 xullo 2009 (UTC)
- Neutros
- Neutro Polos comentarios realizados-- Lmbuga / Conversa comigo 19:19, 13 agosto 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario O interese da foto está fóra de toda dúbida. Porén, cos gorriños e os pés cortados non se pode dicir que sexa unha boa foto. Se finalmente pasa a imaxe da semana supoño que será polo que representa e polas posibilidades que ofrece, mais non por a calidade da imaxe. --Atobar (conversa comigo) 18:12, 10 agosto 2009 (UTC)
- Comentario Gústame a foto, o motivo é moi interesante e hai que estar aí no momento oportuno, pero demasiado negra, as sombras, moi duras, predominan; por todo iso non podo votar a favor. Pedro --Lameiro (conversa) 22:25, 10 agosto 2009 (UTC)
- Comentario Carguei unha nova versión da foto, e quería pór as dúas versións, pero vexo que a segunda substitúe directamente á primeira, e agora aparece(me) deformada. É posíbel solucionalo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 03:25, 22 agosto 2009 (UTC)
- Desde a páxina da imaxe un administrador pode borrar a versión que subiches. Tiñas a opción de subila con outro nome e empregar (acabo de lembrala) a etiqueta {{ImaxeRetocada}}. Con todo eu non vexo demasiado mal o traballo. Só me parece que ten moito ruído, pero é normal ó aclarala-- Lmbuga / Conversa comigo 09:47, 22 agosto 2009 (UTC)
- Comentario. En relación ao que se ten falado sobre esta fotografía cómpre diferenciar entre imaxes de calidade e a imaxe da semana. Na imaxe da semana recollense na súa maioría imaxes feitas por usuarios galegos ou da Galipedia, ou imaxes que tratan de temas relacionados con Galicia, deben superar certo umbral de calidade pero non é o único criterio a ter en conta. Precisamente a imaxe da semana permite tratar gran variedade de temas ademais de recoñecer o esforzo de todos aqueles usuarios que traballan na mellora da Galipedia das imaxes. A semellanza dos artigos destacados (xeral e sobre Galicia) e os artigos de calidade nos que se diferencia entre os artigos que aparecen en portada e os artigos que cumpren os criterios para ser considerados de calidade, a imaxe de calidade é un apartado que aínda non está desenvolvido e neste punto podería comezarse a traballar, penso que aí Lmbuga pode achegar algunha da súa experiencia en Commons para comezar a sentar uns criterios que sirvan de guía (non necesariamente teñen que ser un calco dos de Commons pero o feito alí pode ser de axuda). Algúns dos nosos compañeiros/fotógrafos teñen acadado un nivel de calidade técnica moi alto en todas as súas fotografías sendo merecentes de ir en portada moitas delas senón todas, así e todo nas propostas que adoito facer inclúo sempre que é posible imaxes que aínda que non acaden a perfección técnica das fotos dos colaboradores máis experimentados permiten recoñecer as achegas doutros usuarios deste proxecto. Por outra banda, como cuestión adicional os temas da imaxe da semana non só permiten tratar gran variedade de temas ademais axudan a darlle coherencia á portada da Galipedia que acostuma ser un dos aspectos destacados da entrada de este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:37, 4 setembro 2009 (UTC)